viernes, 31 de marzo de 2023

ATA SEMPRE!!!

Queridos alumnos/as e compañeiros/as, desde hoxe este blog non fará máis publicacións, toca despedirse e iniciar unha nova etapa, agora máis relaxada. Foi un pracer compartir con todos vos estes anos de traballo, experiencias e publicacións.

Aínda que non se publique o blog seguirá aberto, e os enlaces, na medida do posible, actualizados por se lle pode servir de axuda a alguén, igual que a min me serviu de gran axuda o traballo de tantos/as compañeiros/as que compartiron as súas experiencias.

Moitísimas grazas! Unha forte aperta!

Ata sempre!!!

lunes, 27 de marzo de 2023

Alba Castro interpretando ao violín "Alabama"

A alumna de terceiro Alba Castro, que empezou este curso a tocar o violín, explicou aos seus compañeiros algunhas cousas importantes do instrumento e fíxonos unha demostración dos seus progresos.

viernes, 24 de marzo de 2023

lunes, 20 de marzo de 2023

Ritmos reciclados en 4º, 5º e 6º

Seguindo coas actividades de música e reciclaxe, buscámoslle unha utilidade aos vellos CD e DVD. 

Con rotulador permanente escribimos esquemas rítmicos que logo interpretamos de varios xeitos: de catro pulsos, de oito pulsos, seguindo unha determinada orde, percutindo no mesmo disco... os máis atrevidos incluso lle puxeron unha base de rap.



domingo, 12 de marzo de 2023

Obradoiro de Ecopercusión 2023

Un ano máis o alumnado de 5º e 6º participou no obradoiro de "Ecopercusión" (percusión con materiais de reciclaxe) a cargo do profesor Didier Díaz. 

Como podedes comprobar pasárono xenial ao mesmo tempo que reforzaron a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!", tamén podemos facer música Reciclando, Reutilizando e Reducindo. 

domingo, 26 de febrero de 2023

Un desfile de modelos. Entroido 2023

Este ano estivemos celebrando o entroido converténdonos por uns minutos en modelos, improvisando os nosos propios modelos, pases e poses ao ritmo da música. 
A música utilizada foi "It`s raining men", na versión de Geri Halliwell.
A fotógrafa Sara, foi a encargada de inmortalizar estes divertidos momentos.
Como pudestes comprobar, non fai falta ter un bo disfraz, podemos improvisar con calquera cousa para disfrazarnos e pasalo ben. Tamén é un xeito de contribuír a "Protexer o noso planeta", como di o lema do PDI que traballamos este curso.

lunes, 16 de enero de 2023

Día da Paz 2023. Canción "O Progresso"

Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.

A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".

Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.

Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.

Deíxovos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.

 
 

lunes, 5 de diciembre de 2022

Xa chegou o Nadal 2022. A bailar un pouco

Ademáis de cantar e tocar tamén e unha boa ocasión para bailar.

Imos intentalo con esta selección de cancións de Nadal. Algunhas son moi faciliñas e outra un pouco máis complicadas, pero iso non é impedimento para intentalo e pasalo ben.

Así que ánimo,  agora todos a bailar!!! 

 

viernes, 2 de diciembre de 2022

Xa chegou o Nadal 1º, 2º

En segundo estivemos repasando as figuras rítmicas que nos quedaran un pouco olvidadas do curso pasado, e en primeiro estamos empezando a coñecelas. Así que imos a practicar ritmos con música de Nadal.

Xa chegou o Nadal 3º, 4º

En terceiro e cuarto estivemos repasando ritmos que xa coñeciamos de cursos pasados e aprendendo outros un pouco máis difíciles , así que imos acompañar estas melodías navideñas con eles. 

Se vos animades podedes tamén intentar as propostas feitas para 5º e 6º.

Xa chegou o Nadal 5º, 6º

Recordades que estivemos probado a aplicación online "Xylo", coa que podiamos converter o noso portátil, tablet, teléfono nun xilófono? Pois imos probar outra vez a acompañar estas tres melodías navideñas cos nosos xilófonos. 
 
 
Se queredes probar máis visitade a páxina BOOMY TUNES

miércoles, 16 de noviembre de 2022

25 Novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres"

O día 25 de novembro para conmemorar o "Día Internacional da Eliminación d Violencia contra a Muller" cantaremos todos xuntos a canción "A porta violeta" de Rozalén, na versión que fai conxunta con "Tanxugueiras" co retrouso en galego, a que se incorpora tamén a Lingua de Signos.

Aquí queda o vídeo coa música, e o retrouso:

 
 
Retrouso
 

lunes, 17 de octubre de 2022

Samaín 2022

Xa chega o Samaín e como o curso pasado imos traballar unha selección de varias audicións musicais acompañadas con ritmos, esta selección está feita pola profesora de música Nerea Seijoso. 

E aínda imos engadir algunhas novidades máis, para que sexa un Samaín de medo!!!

 
 
Agora imos, nunca mellor dito, "a mover un pouco o esqueleto", con esta selección de cancións:
 
 
 
Aínda hai máis:
E para os que queiran máis, deíxovos unha selección de obras clásicas, aínda que un pouco máis serias que as anteriores, tamén nos poden dar moito medo. 
🎃Comprobádeo! 🎃
🎃Pasarédelo de meeeeedo!🎃

miércoles, 7 de septiembre de 2022

Benvida ao curso 2022-2023

Benvidos un curso máis nenos e nenas, despois de dous anos duros por circunstancias de sobra coñecidas, espero que neste curso podamos retomar a actividade habitual da clase de música; xa na nosa aula: cantando, tocando, bailando e xogando coa música. 

Déixovos como saúdo esta animación creada coa "Danza das horas" do compositor Ponchielli.

domingo, 19 de junio de 2022

Despedimos o curso 2021-2022

Parece que hai pouco que comezamos un novo curso e xa estamos rematando outra vez. Foi un curso duro, ademais dos cambios nos nosos hábitos a causa da pandemia tivemos que soportar ruídos, cambios de aulas, cheiro a pintura, cambios de patios... debido as obras da reforma do colexio (que por certo está quedando ben bonito, parece outro!!!).

Pois ben, ímonos despedir bailando e con alegría. Non sen antes aproveitar para darvos a noraboa polo ben que o fixestes un ano máis.

Noraboa rapaces! 

E agora todos a bailar!