martes, 31 de marzo de 2020

"Libre" de Nino Bravo

Aproveitando que Darío nos deixou a súa interpretación instrumental de "Libre", imos traballala un pouco máis.
A canción "Libre"  estreouse en 1972 e fíxose popular na década dos setenta interpretada polo cantante Nino Bravo,  pódese dicir que se converteu nun himno á liberdade, e nunha das más importantes cancións da música pop española. 
Tamén é un feito importante a historia do intérprete Nino Bravo, que faleceu ao ano seguinte nun accidente de tráfico.
Deíxovos este vídeo coa letra para que intentedes cantala e aprendela, aída que só sexa o retrouso (estribillo).  
Propóñosvos:
  • Para todos os cursos: Preguntádelle aos vosos pais e avós se a coñecen. Intentade que canten con vós, que seguro que a saben!
  • Para 3º, 4º, 5º, 6º: Distinguir estrofa e retrouso. Recordade que son as partes en que se divide unha canción.
  • Para 4º, 5º, 6º: Clicando nos enlaces do texto podedes ler a información e así aprender un pouco da historia da música pop española. Esta información tamén a podedes compartir cos vosos pais e avós (aos que seguro que lles traerá moitos recordos).
  • Para os máis atrevidos: Podedes gravar as vosas interpretacións sós ou en familia; contarme o que lles pareceu aos vosos familiares, se recordaban a canción, que facían eles na época en que se estreou... todo o que se vos ocurra.
Recordade que o meu correo de contacto é mglealgonzalez@gmail.com e que tamén podedes contactar a través do formulario de contacto (na parte superior dereita do blog). Espérovos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario