sábado, 18 de abril de 2020

Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por as especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila, pero que tal se o cantamos “dende a casa”? 
Pois ben, ahí vai a nosa proposta: “Levántate Maio Marín 2020 Sequelo".
Mandádenos un vídeo cantando unha ou dúas estrofas dunha copla dun maio. Podédelas crear vos mesmos seguindo o manual que fai uns días nos deixou o profe José Antonio na entrada da web do centro titulada “Coplas dos maios”. Ou ben se non vos atrevedes a crealas pero queredes cantalas decídenolo e dámosvolas nós. 
Tendes de prazo ata o día 28 de abril. Con todas as gravacións recibidas faremos un vídeo que ten que estar listo para saír o día 1 de maio.
Recórdovos os correos para envialas sequelonacasa@gmail.com ou mglealgonzalez@gmail.com.
Para aprender a melodía, deixamos este audio cantado fai uns anos por un grupiño de nenos e nenas, algunhas aínda están no cole e outras xa se foron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario