miércoles, 30 de mayo de 2018

viernes, 11 de mayo de 2018

"A trompa", Laura Arribas López, 3ºB

Esta semana o alumnado de 3ºB pudo ver en directo e coñecer un pouco máis un instrumento de vento-metal, a trompa, grazas as explicacións e a interpretación da compañeira Laura Arribas López. 
Ademais todos os compañeiros que quixeron puideron probar a tocar a trompa baixo as súas pacientes instrucións. 
Moitas grazas Laura e animámoste a que sigas así de ben.

domingo, 22 de abril de 2018

"Ecopercussion", obradoiro de percusión con 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º participou os días 19 e 20 nun obradoiro de percusión "Ecopercussion" co profesor Didier Díaz, que como indica o nome do obradoiro trátase de facer percusión ecolóxica con materiais reciclados: bidóns de pintura, cazolas, botes baleiros recheos con sementes ou area, paus...
Rematados os obradoiros todo o alumnado de 5º e 6º demostrounos o aprendido cunha gran batucada que tivo lugar no patio do colexio.
No video tendes un pequeno resumo da actividade.

miércoles, 18 de abril de 2018

"A frauta traveseira", Candela Argibay, 5ºA

Esta semana na clase de 5ºA tivemos a sorte de asistír a un breve concerto en directo, interpretado pola compañeira Candela Argibay Acebedo , que tivo a ben explicarnos con todo detalle as partes dunha frauta traveseira e ademais interpretar tres pezas. Aínda que os nervios ás veces xogáronlle algunha mala pasada comprobade que airosa supo saír da situación. Moitas grazas e moito ánimo para continuar así de ben.

jueves, 12 de abril de 2018

"Na procura do tesouro". Alumnado de 3º e 4º

O pasado día catro o alumnado de 3º e 4º asistiu a un concerto didáctico de música tradicional "Na procura do tesouro",  interpretado polo Gaiteiros da Xistra; no que puideron observar: como a través da música podemos manifestar os nosos sentimentos, como a música pode servir de apoio en certos traballos, algúns instrumentos tradionais e sobretodo a importancia da axuda e colaboración dos nosos amigos para axudarnos a conseguir os nosos soños.
Aquí vos queda un pequeno resumo do espectáculo.

sábado, 3 de febrero de 2018

Explicación "O acordeón" por Saúl Mariño Recamán

En sexto curso estamos estudando a clasificación dos instrumentos, e nada mellor para coñecelos que velos e escoitalos en vivo e en directo. Gracias a Saúl Mariño Recamán de Sexto B tivemos unha moi boa explicación dun instrumento de vento sin soplido, o acordeón; acompañada dunha pequena actuación, coa promesa de que seguirá practicando e volverá a tocarnos algo moi pronto.

domingo, 14 de enero de 2018

Canción para o Día da Paz "O tren" de Andrés Do Barro

Este curso para celebrar o Día da Paz imos construír o "Tren da Paz" a carón do río Lameira, é nada mellor que unha coñecida canción galega que fala de trens e ríos "O tren" do interpréte Andrés Do Barro.
Partindo desta coñecida, noutro tempo, canción; entre o alumnado de 5º e 6º  intentaremos facer unha letra axeitada ao noso río e á celebración da data.
Aquí vos queda a versión orixinal, cantada polo devandito intérprete, que ademais foi banda sonora dunha película dirixida por Mariano Ozores en 1971 e protagonizada tamén polo cantante, titulada "En la red de mi canción".

sábado, 2 de diciembre de 2017

Espectáculo de percusión "Circopeta", co grupo Odaiko

O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo. 
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.

domingo, 1 de octubre de 2017

Benvida ao novo curso

Aínda que un pouco tarde desde o blog de música dámosvos a benvida ao novo curso 2017-2018, con esta canción tan alegre "Someday" cantada por Michael Buble e Meghan Trainor, con un simpático video de animación.

miércoles, 7 de junio de 2017

Xogando con música clásica. Primeiro curso.

Así de ben o pasamos os nenos e nenas de de primeiro curso xogando con estes xogos de escoita activa, nos que tiñamos que facer distintos movementos escoitando música clásica. Quen dixo que a música clásica non é divertida???

jueves, 6 de abril de 2017

Concerto "Paxaro amigo. Músicas para a paz"

Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.

domingo, 19 de marzo de 2017

Morre Chuck Berry


"Si bien no se puede decir que alguna persona inventó el rock and roll, Chuck Berry es el que más se aproxima de entre cualquier individuo a ser el que puso todas las piezas".

Museo de la fama del rock and roll, Ohio, Estados Unidos.


Despois desta cita xa non hai máis que dicir, aquí vos deixo un video para que poidades comprobar como sonaban os inicios do "rock and roll" e varios enlaces para que coñezades mellor quen era Chuck Berry e a súa importancia no mundo da música.

A páxina de Cultura de "El País" 
A páxina de BBC Mundo 
A súa biografía en Wikipedia

viernes, 24 de febrero de 2017

Carnaval 2017. Un desfile de modelos

Este ano para celebrar o Carnaval na clase de música convertímonos en "top models" e "reporteiros" e improvisamos un sinxelo pase de modelos; desfilando todos xuntos ao ritmo da música e posando para a cámara cando a música paraba. Como podedes comprobar estes rapaces teñen futuro no mundo das pasarelas.
Neste video os modelos son os nenos e nenas de 3ºB, 1ºB, 3ºA, 2ºB e 2ºA.


Neste outro os modelos son os nenos e nenas de 4ºA, 5ºA e 1ºA.
 

Na realización das fotografías e montaxe dos videos participaron os alumnos de 3º, 4º e 5º.