Mostrando entradas con la etiqueta concertos didácticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concertos didácticos. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de diciembre de 2019

Espectáculo de música e teatro en Afundación: "A nena e o grilo máis aló".

O alumnado de 1º e 2º cursos asistimos o pasado día 4 a un espectáculo de música e teatro en Afundación.
Este montaxe de Magín Blanco "A nena e o grilo máis aló", conta, a través da amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos, unha historia na que os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertrude, a Araña... Buscando o modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao "País do Mortos". Alí intentarán encontrar a Xertrude para traela de volta.

jueves, 28 de febrero de 2019

"Eu cociño, ti cociñas?", Mamá Cabra

O pasado martes o alumnado de primeiro e segundo asistimos a varias actividades extraescolares levadas a cabo por Afundación. A primeira delas foi un concerto didáctico a cargo de Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas?", no que a través da música amosábase a riqueza e a importancia da alimentación e da cociña. Despois de facer un pequeno descanso para merendar, asistimos a un "Obradoiro de Entroido" no que nos contaron varias historias sobre o loro Ravachol, protagonista do Entroido de Pontevedra, e tamén fixemos máscaras.
 

sábado, 24 de noviembre de 2018

O pasado día 21 asistimos no auditorio de Afundación a un concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos" a cargo do dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Neste espéctaculo os nenos e nenas emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos ritmos e melodías da música popular española. Trasmitíndolles valores sobre a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións; usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical,as frautas feitas de ósos de animais, o theremín (único instrumento que se toca sen tocar), ou a frauta cadeira de camping.

jueves, 12 de abril de 2018

"Na procura do tesouro". Alumnado de 3º e 4º

O pasado día catro o alumnado de 3º e 4º asistiu a un concerto didáctico de música tradicional "Na procura do tesouro",  interpretado polo Gaiteiros da Xistra; no que puideron observar: como a través da música podemos manifestar os nosos sentimentos, como a música pode servir de apoio en certos traballos, algúns instrumentos tradionais e sobretodo a importancia da axuda e colaboración dos nosos amigos para axudarnos a conseguir os nosos soños.
Aquí vos queda un pequeno resumo do espectáculo.

sábado, 2 de diciembre de 2017

Espectáculo de percusión "Circopeta", co grupo Odaiko

O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo. 
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.

jueves, 6 de abril de 2017

Concerto "Paxaro amigo. Músicas para a paz"

Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.

jueves, 9 de febrero de 2017

Concerto didáctico "Sandra e Meirol en Xistralia"

O pasado día 7 o alumnado de terceiro e cuarto asistiu a un concerto didáctico no teatro de Afundación, titulado "Sandra e Meirol en Xistralia", protagonizado polos Gaiteiros da Xistra, no que puideron ver e escoitar os instrumentos tradicionais galegos, e tamén coñecer algunhas cancións e danzas tradicionais galegas como a "Danza de espadas" adicada á "Coca" de Redondela.
Aquí vos queda un pequeno resumo do que foi o concerto.