Mostrando entradas con la etiqueta carnaval. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carnaval. Mostrar todas las entradas

sábado, 19 de febrero de 2022

Os máis pequenos, de 1º e 2º, imos a pasalo ben neste entroido adiviñando disfraces e bailando coa canción do grupo Pingallos "Quen pode ser?".

domingo, 7 de febrero de 2021

Percusión corporal con "Dance Monkey"

Como o entroido é un tempo de alegría e baile, imos cambiar de estilo, do clásico ao actual con esta coñecida canción "Dance Monkey" da cantante australiana "Tones and I", que imos a intentar acompañar con esta percusión corporal.

Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

Percusión corporal con "Clap Clap Sound"

Os máis pequenos (1º, 2º, 3º) podemos empezar con algo máis sinxelo, imos a intentar acompañar con percusión corporal o ritmo de "Clap Clap Sound" da banda "The Klaxons".

 Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

sábado, 30 de enero de 2021

"El Carnaval de los animales" Camille Saint-Saëns

Aproveitando que se achega o entroido imos traballar esta obra de Saint-Saëns, na que intentou crear unha música que representase a cada animal. A ver se acertades que animais son?

viernes, 24 de febrero de 2017

Carnaval 2017. Un desfile de modelos

Este ano para celebrar o Carnaval na clase de música convertímonos en "top models" e "reporteiros" e improvisamos un sinxelo pase de modelos; desfilando todos xuntos ao ritmo da música e posando para a cámara cando a música paraba. Como podedes comprobar estes rapaces teñen futuro no mundo das pasarelas.
Neste video os modelos son os nenos e nenas de 3ºB, 1ºB, 3ºA, 2ºB e 2ºA.


Neste outro os modelos son os nenos e nenas de 4ºA, 5ºA e 1ºA.
 

Na realización das fotografías e montaxe dos videos participaron os alumnos de 3º, 4º e 5º.

martes, 1 de marzo de 2016

El Carnaval de los Animales. Primeiro curso

Aproveitando as pasadas datas de Carnaval, fixemos coincidir o nome da celebración coa obra "El Carnaval de los Animales" de Camille Saint-Saëns; así representaron algúns dos animais os nenos e nenas de primeiro.