Mostrando entradas con la etiqueta proxecto 40 anos de escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto 40 anos de escola. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de junio de 2014

As cancións infantís dos 70 e 80

En 6º curso estivemos aprendendo a crear listas de reproducción buscando a música para ambientar a Exposición "40 Anos de Escola".
Deixamos esta lista de reproducción para que escoitedes as cancións que escoitaban de pequenos os nosos pais e avós; moitas delas xa son clásicos que seguro que coñecedes.

jueves, 29 de mayo de 2014

Homenaxe ó Himno de Eurovisión. 5º Curso

Acompañamos a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier dunha coreografía creada por Jos Wuytack.  
O noso homenaxe a esta composición máis coñecida como o "Himno de Eurovisión", despois de propoñer que preguntasen aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Sen dúbida un dos signos de identidade de hai 40 anos época na que situanos o noso  Proxecto "40 Anos de Escola".
 

miércoles, 28 de mayo de 2014

Homenaxe á máquina de escribir. 4º Curso

Acompañamos a composición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson dunha improvisada máquina de escribir de cartón.
A nosa pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso pero moi utilizada hai 40 anos a época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola". Seguro que nas secretarías había algunha e era común escoitar o seu son.

viernes, 16 de mayo de 2014

Audición: Prelude "Te Deum"

En 5º curso estivemos traballando a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier. Despois propuxemos como traballo para o Proxecto "40 Anos de Escola"  preguntar aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Por suposto a gran maioría identificáronna como o "Himno de Eurovisión".
Aquí vos deixo un video no que ademais de escoitar a composición podemos ver os coñecido símbolo que aparecía en TVE e a súa evolución ao longo do tempo.




Déixovos  tamén varios enlaces por se queredes saber algo máis da vida e composicións de M. A. Charpentier:
Enlace a Wikipedia

miércoles, 14 de mayo de 2014

Audición: "A máquina de escribir"

Os de 4º curso estivemos escoitando unha curiosa peza "A máquina de escribir", do compositor estadounidense Leroy Anderson. Falamos de como a Anderson se lle ocurrira incorporar unha máquina de escribir á interpretación da orquestra. Aquí tendes unha mostra de como o fixo.

Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.




Se queredes saber máis sobre L. Anderson podedes visitar esta

domingo, 11 de mayo de 2014

"A escola do fondo do mar". 1º B

Formando parte dos traballos do noso proxecto "40 Anos de Escola". Así imaxinaron os nenos e nenas de 1º B como podería ser unha escola no fondo do mar, e así o plasmaron neste comic. Moitas grazas á súa titora por ensaialos tan ben.

jueves, 10 de abril de 2014

Letra do Maio 2014

Coplas para cantar "O Maio" feitas polos nen@s de 4º, 5º e 6º. Este ano á hora de faceles tivemos en conta dedicarlle algunhas ao noso colexio no seu 40 aniversario.

domingo, 13 de octubre de 2013

Homenaxe a Gloria Fuertes. 1º Curso

No Primeiro Curso estivemos cantando e xogando con esta coñecida canción de hai case 40 anos "Un globo, dos globos, tres globos"; época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola".
Este é o noso pequeno homenaxe  a unha importante escritora Gloria Fuertes, autora da letra  da canción.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Benvida con "Un globo, dos globos, tres globos"

Benvidos ao novo curso, este ano é especial porque o colexio cumple 40 Anos; para celebrar unha data tan importante desde a Biblioteca proponse realizar o noso primeiro Proxecto Documental Integrado, titulado "40 Anos de Ecola". Na clase de música queremos aportar o noso granciño de area desde o primeiro momento, polo que imos a empezar no Primeiro Ciclo cantando e xogando con esta coñecida canción de hai case 40 anos "Un globo, dos globos, tres globos" cabeceira dun coñecido programa infantil e coa letra dunha importante escritora Gloria Fuertes, un dos referentes da literatura infantil non só desa época senón do Século XX.
Seguro que os vosos pais e avós a recordan!!!