Mostrando entradas con la etiqueta Emocióna-T coa música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emocióna-T coa música. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de mayo de 2022

Recompilación da proposta "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias

Aquí vos deixo as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións. 

Algúns de vos incluso vos atrevestes a lelas co fondo musical, noraboa rapaces, son moi creativas, fixéstelo moi ben.

Todas as historias estarán recollidas nun libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca dentro da sección "Producións Propias" para que as podades ler sempre que queirades.

martes, 19 de abril de 2022

Escoitando coa imaxinación

Escoitamos atentamente esta dúas obras, eleximos unha delas, e inventamos unha historia segundo o que nos suxire a música. 

Que che suxire a música? Non hai límites: Paisaxes, Momentos, Lugares, Personaxes, Situacións, Culturas, Estados de Ánimo, Debuxos, Animais, Natureza, Países, Cores, Oficios, etc.

👂Obra 1: "Danza do Sabre" do ballet "Gayaneh", compositor KHATCHATURIAN. 🎵🎵🎵🎵🎵

 

👂Obra 2: "Danza chinesa" do ballet "O Quebranoces", compositor TCHAIKOVSKY. 🎵🎵🎵🎵🎵

 
 
Adaptación da idea orixinal da profesora de música Mª Jesús Camino Rentería. Moitas grazas.