Aproveitando as pasadas datas de Carnaval, fixemos coincidir o nome da celebración coa obra "El Carnaval de los Animales" de Camille Saint-Saëns; así representaron algúns dos animais os nenos e nenas de primeiro.
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2015-2016. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de marzo de 2016
viernes, 29 de enero de 2016
Odaiko "Cousas de catro"
O
próximo día 2 o alumnado do terceiro e cuarto cursos asistirá ao espectáculo de
percusión do grupo Odaiko, que leva por título "Cousas de catro", como preparación na clase aproveitamos para traballar a percusión e os instrumentos de percusión, así como para falar un pouco do grupo.
Se queredes saber un pouco máis sobre o grupo e os seus espectáculos
clicade na foto para acceder á súa páxina web.
lunes, 25 de enero de 2016
Día da Paz "Peixiños do mar"
Entre as propostas do EDL para celebrar o Día da Paz está a cantiga "Peixiños do mar" que xa estades a traballar nas vosas clases; polo que na clase de música imos coñecer a versión do cantante brasileiro Milton Nascimento. Fixádevos nos instrumentos de percusión que se utilizan.
domingo, 3 de enero de 2016
Danza Festival Nadal 2015
Aínda que todos os cursos traballamos na clase a danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi", formando parte dunha tarefa interdiscisplinar na que interviron as áreas de Inglés, Educación Física e Música; tocóulles aos nenos e nenas de cuarto curso representala no Festival de Nadal, quedando así de animada e provocando o entusiasmo do público.
lunes, 28 de diciembre de 2015
Danza de Nadal "Ku Tschi Tschi"
Este Nadal estivemos traballando unha danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi"; á que fixemos varios cambios para que a puideran bailar todos os cursos. Aquí déixovos unha mostra do ben que o pasamos bailando.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
viernes, 16 de octubre de 2015
Samaín 2015
Este ano imos celebrar o Samaín con música clásica, polo que vos deixo varias das propostas que traballaremos na clase ao longo destas semanas.
"O Fortuna" de Carmina Burana de Carl Orff
5º Sinfonia de Beethoven
Tocata e Fuga en Re menor de Johann Sebastian Bach
jueves, 17 de septiembre de 2015
Repasando a linguaxe musical
Imos empezar o curso cun repasiño de conceptos, comprobemos de que nos lembramos.
miércoles, 9 de septiembre de 2015
Benvida a curso 2015-2016 con esta Historia da Música
Benvidos a un novo curso, este ano empezamos con este coñecido video que resume en seis minutiños a historia da música.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
