Mostrando entradas con la etiqueta instrumentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta instrumentos. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de abril de 2022

Instrumentos de Percusión. A pandeireta por Uxía Sanjorge

En quinto curso, estamos coñecendo en profundidade as familias de instrumentos. O pasado xoves contamos ademais coas explicacións de Uxía Sanjorge que é unha experta pandeireteira e que nos explicou por que a pandeireta é un instrumento de percusión e como se toca en Galicia. Incluso nos ofreceu unha pequena mostra. 

Moitas grazas, Uxía! Segue así!👏👏👏🎶🎵🎶

viernes, 5 de junio de 2020

Música dende a casa (47): Recordando algunhas cousiñas

Se estiveramos na clase normal, chegadas estas datas estariamos repasando: Linguaxe musical, ritmos, cancións, danzas, xogos musicais... Esta vez imos intentar facer un repaso a través de xogos e actividades interactivas que vos irei deixando ao longo destes días que faltan para rematar o curso.
Déixovos estes cuestionarios por cursos, pero se vos animades podedes facelos todos. 
Cando os fagades no recuadro que di "user name" debedes introducir o nome e o curso. 
5º e 6º: Que recordas dos instrumentos musicais?
5º e 6º: Completa estas definicións sobre linguaxe musical
3º e 4º: Repasando a linguaxe musical
3º e 4º: Recordas as cualidades do son?

miércoles, 3 de junio de 2020

Música dende a casa (46): Xogo cos instrumentos de percusión

Repasa xogando os instrumentos de percusión. Para que vos sexa máis fácil recoñecelos poñede o xogo en pantalla completa, clicando no símbolo da esquina inferior dereita.
 

jueves, 21 de mayo de 2020

Música dende a casa (44): Aixa Vilas de 5ºA interpreta "Habanera de Carmen"

Aixa de 5ºA, está aprendendo a tocar o piano, e como podedes comprobar xa toca así de ben. Mandounos esta peza da ópera Carmen do Bizet coñecida como "Habanera". Moitas grazas Aixa por compartir a túa arte con todos nós. 
Noraboa Aixa!!! E sigue así de ben!!! 

sábado, 18 de abril de 2020

Música dende a casa (18): "O cuco" canta Pedro Castro de 4ºB

Pedro Castro de 4ºB canta, acompañado do tambor, unhas copliñas da cantiga "O cuco". Moi ben Pedro, sabemos que cantar e tocar ao mesmo tempo non é nada sinxelo. 
Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.

lunes, 3 de junio de 2019

"A guitarra e o ukelele" Alex, Ariadna, Sofía, Xiana de 5ºB

Estas últimas semanas estivemos traballando os instrumentos e a súa clasificación, como complemento para este traballo este grupiño de alumnos de 5ºB trouxeron os seus instrumentos de corda (guitarras e ukelele), dos que nos explicaron as súas características e interpretaron dúas coñecidas cancións. Aínda que estaban un pouco nerviosos, así de ben o fixeron.

martes, 7 de mayo de 2019

"A frauta traveseira". Aitana Reboredo, 2º curso

Aitana Reboredo de 2º curso está aprendendo a tocar a frauta traveseira, aínda está empezando pero quixo compartir con todos nós as súas primeiras melodías, e explicarnos un pouquiño como é a frauta, como se toca, como se limpa... Fixéchelo moi ben, ánimo queda moito por practicar pero vas polo bo camiño.

sábado, 24 de noviembre de 2018

O pasado día 21 asistimos no auditorio de Afundación a un concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos" a cargo do dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Neste espéctaculo os nenos e nenas emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos ritmos e melodías da música popular española. Trasmitíndolles valores sobre a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións; usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical,as frautas feitas de ósos de animais, o theremín (único instrumento que se toca sen tocar), ou a frauta cadeira de camping.

lunes, 1 de octubre de 2018

"A trompeta", Darío Vidal Salgueiro, 5ºA

Tal e como nos prometera a finais do curso pasado, Darío Vidal Salguerio de 5ºA explicounos as características da trompeta, instrumento de vento-metal; seguida dunha interpretación de varias pezas. Pasámolo moi ben adiviñando que pezas tocaba, e foi unha magnífica introdución para e empezar a estudar a clasificación dos instrumentos.
Moitas grazas Darío, e moito ánimo para seguir así de ben.

viernes, 11 de mayo de 2018

"A trompa", Laura Arribas López, 3ºB

Esta semana o alumnado de 3ºB pudo ver en directo e coñecer un pouco máis un instrumento de vento-metal, a trompa, grazas as explicacións e a interpretación da compañeira Laura Arribas López. 
Ademais todos os compañeiros que quixeron puideron probar a tocar a trompa baixo as súas pacientes instrucións. 
Moitas grazas Laura e animámoste a que sigas así de ben.

miércoles, 18 de abril de 2018

"A frauta traveseira", Candela Argibay, 5ºA

Esta semana na clase de 5ºA tivemos a sorte de asistír a un breve concerto en directo, interpretado pola compañeira Candela Argibay Acebedo , que tivo a ben explicarnos con todo detalle as partes dunha frauta traveseira e ademais interpretar tres pezas. Aínda que os nervios ás veces xogáronlle algunha mala pasada comprobade que airosa supo saír da situación. Moitas grazas e moito ánimo para continuar así de ben.

sábado, 3 de febrero de 2018

Explicación "O acordeón" por Saúl Mariño Recamán

En sexto curso estamos estudando a clasificación dos instrumentos, e nada mellor para coñecelos que velos e escoitalos en vivo e en directo. Gracias a Saúl Mariño Recamán de Sexto B tivemos unha moi boa explicación dun instrumento de vento sin soplido, o acordeón; acompañada dunha pequena actuación, coa promesa de que seguirá practicando e volverá a tocarnos algo moi pronto.

sábado, 2 de diciembre de 2017

Espectáculo de percusión "Circopeta", co grupo Odaiko

O día 1 de decembro os nenos e nenas de primeiro e segundo cursos asistiron a un espectáculo de percusión titulado "Circopeta", interpretado polo grupo de percusión Odaiko. Deste xeito os máis pequenos puideron comprobar case de calquera cousa se pode facer un instrumento de percusión, e o doado que parece vendo a este grupo. 
Como todos os espéctaculos de Odaiko resultou todo un éxito entre este pequeno público.

jueves, 9 de febrero de 2017

Concerto didáctico "Sandra e Meirol en Xistralia"

O pasado día 7 o alumnado de terceiro e cuarto asistiu a un concerto didáctico no teatro de Afundación, titulado "Sandra e Meirol en Xistralia", protagonizado polos Gaiteiros da Xistra, no que puideron ver e escoitar os instrumentos tradicionais galegos, e tamén coñecer algunhas cancións e danzas tradicionais galegas como a "Danza de espadas" adicada á "Coca" de Redondela.
Aquí vos queda un pequeno resumo do que foi o concerto.
 

viernes, 29 de enero de 2016

Odaiko "Cousas de catro"

O próximo día 2 o alumnado do terceiro e cuarto cursos asistirá ao espectáculo de percusión do grupo Odaiko, que leva por título "Cousas de catro", como preparación na clase aproveitamos para traballar a percusión e os instrumentos de percusión, así como para falar un pouco do grupo. 

http://odaiko.es/odaiko/

Se queredes saber un pouco máis sobre o grupo e os seus espectáculos clicade na foto para acceder á súa páxina web.

domingo, 14 de junio de 2015

43 debuxos animados para unha orquestra sinfónica

Como despedida de curso déixovos este enganchado de cancións de debuxos animados que armou unha orquestra do Carnegie Hall. Corresponden a 43 series. A ver cantas identificades?
Bo verán a todos e repoñede forzas para o curso que ven!!!

lunes, 12 de mayo de 2014

Instrumentos de corda fretada. Explicación de Diego e Raquel. 6ºA

Este trimestre estivemos falando na clase de música das familias de instrumentos, dous alumnos de 6ºA que estudan violín tiveron a xentileza de explicarlles aos seus compañeiros as partes de que consta e como se toca; incluso se atreveron a a tocar unhas pezas. Noraboa rapaces seguide así, sabemos que non é doado tocar en público. Moitas grazas tamén á súa titora por animalos a facelo.

jueves, 17 de enero de 2013

Concerto de percusión con Odaiko

O próximo martes 22 de xaneiro o Terceiro Ciclo iremos ao concerto para escolares do grupo de percusión galego Odaiko. Na clase xa estivemos falendo del e do tipo de música que fan. Déixovos un video do que fan e o enlace á súa páxina web para que vaides abrindo boca.

                                      
Se queredes saber máis sobre o grupo aquí vos deixo o