Mostrando entradas con la etiqueta maio 2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maio 2020. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de mayo de 2020

Maio 2020 dende a casa: Recompilación da proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir.
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.


viernes, 1 de mayo de 2020

Música dende a casa (38): Coplas do maio 2020 interpretadas por Pedro Castro de 4ºB

Pedro de 4ºB e a súa familia tiveron a súa particular celebración do 1 de maio, fixeron este maio e cantaron todos xuntos estas coplas. Moi boa idea! Xa que non podemos saír, nin ter unha celebración dos maios nas rúas, nada nos impide celebralo na casa. Parabéns e moitas grazas por compartir con nós a vosa pequena festa!

Música dende a cas (37): Coplas maio 2020 interpretadas por Roi Rodiño e Breixo Sanjorge de 5ºB

Roi Rodiño e Breixo Sanjorge de 5ºB aínda que separados tamén foron capaces de coordinarse para escribir a medias esta copla que un cantou cos toletes e o outro petando no chan ao estilo máis tradicional.  Bautizaron ao seu maio como "Maio dos Cativos". Moi ben! Noraboa! 

Música dende a casa (36): Coplas do maio 2020 interpretadas por Irene Pazos de 5ºB

Irene de 5ºB, que ten moita experiencia nisto de cantar os maios, porque xa o facía na escola de infantil da Virxe do Carme, cantou así de ben o "Maio do Río Lameira do Sequelo". Moi ben Irene! Moi ben cantado e o ritmo perfecto!!! 

Música dende a casa (35): Coplas do maio 2020 interpretadas por Laura Arribas e Carla Vilela de 5ºB

Aínda que na distancia Laura e Carla de 5ºB puxéronse de acuerdo para cantar a medias o seu maio,que bautizaron como "Maio Coitado", e cantaron así de ben! Parabéns para as dúas! Moitas grazas!

Música dende a casa (34): Coplas do maio 2020 interpretadas por Daniel Quintana de 5ºB

Daniel de 5ºB fixo un maio aproveitando os materiais que tiña pola casa e bautizouno como "Os Valentes do Sequelo", despois animouse a cantar diante del estas copliñas. Moi ben Daniel! Boa idea para improvisar un maio!

Música dende a casa (33): Coplas do maio 2020 interpretadas por Alexandra Santiago de 5ºB

Alexandra de 5ºB axudada polo seu pai cantou as coplas para este maio 2020 que bautizou como "Maio Amaiado, como podedes observar este ano sempre hai algunha copla que fai referencia á situación que estamos vivindo. Moitas grazas Alexandra por compartir a alegría das túas coplas con todos nós!

Música dende a casa (32): Coplas do maio 2020 interpretadas por Xiana Gómez 6ºB

Xiana Gómez de 6ºB mandounos este maio no que colaboraron toda a familia, escoitade que bo coro formaron. E claro que nos gustaron as vosas coplas! e a vosa participación na actividade aínda nos gustou máis; ata nos gustou o nome que lle puxestes "O Coronamaio de Sequelo".
Moitísimas grazas a Xiana e aos seus pais!

jueves, 30 de abril de 2020

Música dende a casa (31): Coplas do maio 2020 interpretadas por Aixa Vilas de 5ºA

Casi no primeiro de maio chégannos as coplas de Aixa de 5ºA, como din as túas coplas este ano o maio é desde internet. Moi ben Aixa! Noraboa! E moitísimas grazas pola túa participación! 

martes, 28 de abril de 2020

Música dende a casa (30): Coplas do maio 2020 interpretadas por Ariadna (6ºB) e Diego (4ºB)

Ariadna e Diego Vaquero de 6ºB e 4ºB, mándanos as súas coplas para o maio 2020, como podedes comprobar as súas coplas súmanse ao tema que, tristemente, predomina este ano, ao tempo que nos mandan unha mensaxe de ánimo. 
Moitas grazas por alegrarnos con estas coplas e coa vosa interpretación! Noraboa! Moi ben feito!

Música dende a casa (29): Coplas do maio 2020 interpretadas por Darío (6ºA) e Breixo (5ºB)

Darío e Breixo Vidal de 6ºA e 5ºB envíannos as súas coplas para este "maio virtual 2020". Mirade que ben o fan. Noraboa aos dous! Fixestes moitas coplas e vese que ensaiastes moito! Que boa coordinación tendes! Moitas grazas!!!

lunes, 27 de abril de 2020

Música dende a casa (28): Coplas do maio 2020 interpretadas por Xoel Sequeiros de 5ºB

Seguen chegando máis coplas, estas son as Xoel Sequeiros de 5ºB, unhas coplas nas que nos da a entender que está un pouco canso do coronavirus e de estar na casa. Moi ben Xoel! Moitas grazas polas túas coplas! 

Música dende a casa (27): Copas do maio 2020 interpretadas por Candela Bermúdez de 5ºB

Estas son as coplas do maio 2020 que nos canta Candela Bermúdez de 5ºB, acompañadas do ritmo cos paus. Estás moi ben preparada Candela, ata tes os paus "regulamentarios". Noraboa, fixéchelo moi ben!

Coplas Maio 2020, aínda estades a tempo.

Recordade que aínda estades a tempo de enviar o voso vídeo cantando unhas copliñas para este "maio virtual 2020".
Recórdovos o enlace no que podedes consultar este pequeno titorial para compoñer as coplas
E o vídeo no que podedes ver como se fai o ritmo con calquer utensilio de pau que teñades pola casa.
Se tedes algo feito pero tendes dúbidas e non vos atrevedes a facelo, recórdovos que podedes consultarme a través do formulario de contacto ou nos correos mglealgonzalez@gmail.com e sequelonacasa@gmail.com .

domingo, 26 de abril de 2020

sábado, 25 de abril de 2020

viernes, 24 de abril de 2020

Música dende a casa (23): Coplas do maio interpretadas por Ángel de 6ºB

Estas son as coplas para este maio, tan diferente este ano, que nos manda Ángel de 6ºB. Moitas grazas pola túa participación, fixéchelo moi ben e as túas coplas son moi reivindicativas.

jueves, 23 de abril de 2020

miércoles, 22 de abril de 2020

martes, 21 de abril de 2020

Música dende a casa (20): Ritmo das coplas de "Os maios"

Fai uns días propuxémosvos que fixerades coplas para celebrar a festa de "Os maios", logo decatámonos de que seguro os faltaban os tradicionais paus para acompañalas co ritmo. Pois ben, ocorréusenos que nos poderían servir os utensilios de madeira que hai en todas as cociñas. Eu atopei todos estes e fixen unha proba que espero que vos sirva.
Agora pedídelle permiso aos vosos pais para usalos, e animádevos a probar, seguro que vos sae mellor!