Mostrando entradas con la etiqueta música galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música galega. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de marzo de 2022

"Terra", Tanxugueiras. Acompañamento rítmico

Aínda que Tanxugueiras, coa súa canción "Terra",  non nos van representar no Festival de Eurovisión, si que conseguiron que a nosa música se escoite en toda España e tamén máis alá das nosas fronteiras, porque como ben di a letra da canción "Non hai fronteiras", e menos para a música.

Nós imos intentar acompañala con esta percusión para baquetas creada pola profesora de música Nerea Seijoso Rey, a quen temos que agradecer que cree estes acompañamentos tan divertidos.

 
Os máis pequenos imos intentar facelo con esta percusión corporal creada por Ricardo Imedio.

lunes, 1 de noviembre de 2021

Ritmo con "Moita Festa" interpretada por Carlos Nuñez"

Despois do ritmo do Samaín, imos seguir ao ritmo da música galega, con esta peza de Carlos Núñez "Moita festa" e o acompañamento rítmico para a mesma,  creado pola mestra de música Nerea Seijoso Rey. 

Esta melodía foi composta en 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo (Lugo). Foi interpretada no Nadal dentro da catedral, única época do ano na que permitían xuntar instrumentos populares cos da orquestra.

jueves, 14 de mayo de 2020

Música dende a casa (41): "O meu amor é mariñeiro" pola familia Arribas López

Se recordades ao principio do confinamento a familia Arribas López fíxonos un agasallo moi especial tocando todos xuntos unha peza titulada "A vida é bela". Agora para celebrar As Letras Galegas 2020, tamén nos mandaron un agasallo musical "O meu amor é mariñeiro".
Moitas grazas á Alonso (1º) e Laura (5ºB) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical.

"O meu amor é mariñeiro" de Fuxan os Ventos

Imos aproveitar esta peza para coñecer un pouco máis da nosa música.
"O meu amor é mariñeiro", é una canción composta polo grupo folk galego "Fuxan os Ventos", con letra en galego de Lois Álvarez Pousa, adaptada a partir do poema "A Trova do Amor Lusíada", orixinal en portugués, do poeta e político Manuel Alegre, e música de Xosé L. Rivas Cruz (Mini).
Aquí deixo a versión orixinal da canción cantada por Fuxan os Ventos, e a letra por se queredes acompañar a Alonso e Laura cantando en galego para celebrar a data.
Como vos digo sempre preguntádelle aos vosos pais e avós se a coñecen, e se atreven a cantar eles tamén. Xa me contaredes...

lunes, 7 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O próximo venres día 11, San Martiño, celebraremos o magosto. Mentras agardamos o momento de comer as castañas pasaremos un bo rato participando nos xogos que nos teñen preparados as profes de Educación Física e cantando e bailando ao ritmo desta cantiga popular que nos propón o EDL.
Aquí deixamos a letra, que como podedes comprobar é moi doada de aprender e un enlace á música para que cantedes con ela.
Aproveitamos para dar as gracias ao CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, e a súa profesora de música: Marta Pérez Lage por compartir esta cantiga e facilitarnos o traballo de buscar a música.

miércoles, 16 de enero de 2013

Día da Paz 2013

Nada mellor para celebrar o Día da Paz que a música.
Ademáis da canción "All you need is love", tamén cantaremos a "Rumba das apertas" 
Se a queredes escoitar e aprender ahí a tendes.