Mostrando entradas con la etiqueta música dende a casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música dende a casa. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2020

Música dende a casa (41): "O meu amor é mariñeiro" pola familia Arribas López

Se recordades ao principio do confinamento a familia Arribas López fíxonos un agasallo moi especial tocando todos xuntos unha peza titulada "A vida é bela". Agora para celebrar As Letras Galegas 2020, tamén nos mandaron un agasallo musical "O meu amor é mariñeiro".
Moitas grazas á Alonso (1º) e Laura (5ºB) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical.

viernes, 8 de mayo de 2020

Música dende a casa (40): 2020 Ano dedicado a Beethoven

Con isto da pandemia provocada polo COVID-19 e o posterior confinamento para poder contela, tivemos tanta cousas na cabeza que casi se nos esquece que este ano 2020 está dedicado a Beethoven, xa que se celebra o 250 aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Déixovos este mural interactivo por se queredes saber algo máis da súa música  e a súa vida. Un pouco de cultura para pasar un rato relaxados, que podedes compartir toda a familia.
Debaixo tendes máis explicacións.
s

sábado, 18 de abril de 2020

Música dende a casa (18): "O cuco" canta Pedro Castro de 4ºB

Pedro Castro de 4ºB canta, acompañado do tambor, unhas copliñas da cantiga "O cuco". Moi ben Pedro, sabemos que cantar e tocar ao mesmo tempo non é nada sinxelo. 
Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.

jueves, 16 de abril de 2020

Música dende a casa (17): "O cuco" canta Aitor Moreira de 4ºB

Aitor Moreira de 4º B foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán. 
Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!
E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco" versión karaoke

Para que vos sexa máis fácil aprendela déixovos a versión orixinal estreada por Suso Vaamonde, co karaoke feito polos compañeiros do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal. 
Así que agora xa non tendes desculpa, aprendede un anaquiño, gravádevos e enviádeo aos correos que xa sabedes mglealgonzale@gmail.com ou sequelonacasa@gmail.com.

Música dende a casa (15): Manuel Iglesias Buxán

Temos a sorte de que o profesor José Antonio coñece a Manuel Iglesias Buxán que nos dedicou esta coñecida canción. Aquí tendes a entrada que está tamén na web do cole:
Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 
Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.
ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

lunes, 13 de abril de 2020

Música dende a casa (14): "Bim Bum"

Soraya López profesora de Música e nai de Alonso (de 1º) e Laura (de 5ºB) comparte con todos nós este divertido xogo musical, co que podemos practicar a percusión corporal. Ollo que non é tan sinxelo como parece.
Podédelo facer todos os cursos. Como vos digo sempre implicade aos vosos pais, a ver que tal os sae a todos xuntos.
Se queredes os máis arriscados podedes gravarvos facendoo e enviar un video ao correo mglealgonzalez@gmail.com ou se preferides a sequelonacasa@gmail.com.

viernes, 3 de abril de 2020

Música dende a casa (13): Eloy Aboal de 2º, interpreta ao clarinete "Campanitas del lugar".

Eloy de 2º curso interpreta para nós a coñecida canción popular "Campanitas del lugar", moitísimas grazas por compartir a túa interpretación. 
Eloy aínda empezou este ano a tocar o clarinete, pero como vedes xa se vai defendendo moi ben. 
Moito ánimo Eloy!!! Se te atreves con outra estaremos encantados de escoitarte.

jueves, 2 de abril de 2020

"Quédate en casa" de Ariel de Cuba (Video oficial)

Xa que Irene e Valeria nos deixan a coreografía, eu déixovos o vídeo oficial da canción composta e interpretada por Ariel de Cuba, que como el mesmo dí "a súa mellor aportación para a campaña contra o coronavirus  é a través da música".
Animádevos a bailar coa súa música coa coreografía que nos propoñen Irene e Valeria.

Música dende a casa (12): Irene e Valeria bailan"Quédate en casa"

Mirade que ben o fan Valeria Pazos Iglesias de 3º e Irene Pazos Iglesias de 6ºB, coa colaboración da súa irmá Martina gravando. 
Esta é a coreografía que elas nos propoñen para esta canción de Ariel de Cuba coa mensaxe "Quédate en casa".
Animádevos a facela en familia.

Música dende a casa (11): 2 de abril "Día Mundia do Autismo"

Seso Durán profesor de Secundaria, músico, historiador, compositor, vídeo creador e productor marinense (CANTODAREA), que dende os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.
Pero o que é moito máis importante que todo o anterior, Seso é o orgulloso pai de Manuel, un neno autista de 11 anos, para o que compuxo "Hai unha liña".
Queremos destacar esta data con esta canción, escoitádea e seguide o pictograma.

miércoles, 1 de abril de 2020

Música dende a casa (10): Xiana Gómez de 6º B "Antigua canción napolitana"

Xiana de 6ºB interpreta ao piano unha peza tradicional napolitana (de Nápoles, Italia) titulada "Antigua canción napolitana". 
Moi ben Xiana, moitas grazas por compartir con todos nós esta pequena actuación.

martes, 31 de marzo de 2020

"Libre" de Nino Bravo

Aproveitando que Darío nos deixou a súa interpretación instrumental de "Libre", imos traballala un pouco máis.
A canción "Libre"  estreouse en 1972 e fíxose popular na década dos setenta interpretada polo cantante Nino Bravo,  pódese dicir que se converteu nun himno á liberdade, e nunha das más importantes cancións da música pop española. 
Tamén é un feito importante a historia do intérprete Nino Bravo, que faleceu ao ano seguinte nun accidente de tráfico.
Deíxovos este vídeo coa letra para que intentedes cantala e aprendela, aída que só sexa o retrouso (estribillo).  
Propóñosvos:
  • Para todos os cursos: Preguntádelle aos vosos pais e avós se a coñecen. Intentade que canten con vós, que seguro que a saben!
  • Para 3º, 4º, 5º, 6º: Distinguir estrofa e retrouso. Recordade que son as partes en que se divide unha canción.
  • Para 4º, 5º, 6º: Clicando nos enlaces do texto podedes ler a información e así aprender un pouco da historia da música pop española. Esta información tamén a podedes compartir cos vosos pais e avós (aos que seguro que lles traerá moitos recordos).
  • Para os máis atrevidos: Podedes gravar as vosas interpretacións sós ou en familia; contarme o que lles pareceu aos vosos familiares, se recordaban a canción, que facían eles na época en que se estreou... todo o que se vos ocurra.
Recordade que o meu correo de contacto é mglealgonzalez@gmail.com e que tamén podedes contactar a través do formulario de contacto (na parte superior dereita do blog). Espérovos!!!

Música dende a casa (9): Dario Vidal de 6ºA interpreta á trompeta o tema "Libre" de Nino Bravo

Darío Vidal de 6ºA interpreta coa trompeta o coñecido tema "Libre", un canto á liberdade que interpretou o cantante Nino Bravo, pola década dos setenta. 
Moitas grazas Darío por facer que o noso alumnado coñeza este tema que xa é un clásico da música pop española.  
Preguntádelle aos vosos pais e avós se o coñecen.

domingo, 29 de marzo de 2020

Música dende a casa (8): Breixo Vidal de 5º B "As pelotas saltarinas"

Novamente Breixo Vidal de 5ºB fai unha estrea dunha composición súa para todo o público do CEP Sequelo.
Hoxe vai interpretar unha pequena canción titulada "As pelotas saltarinas". Animádevos a cantar con el.
Moi atentos ao final do vídeo onde aparece un fan entusiasmado pola súa obra.

sábado, 28 de marzo de 2020

Música dende a casa (7): Pablo Díaz

Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. 
Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Pablo é un dos intérpretes que participa no libro-CD "A nosa memoria" que recolle a tradición popular oral da nosa vila.
O profe José antonio contactou con el e deixounos esta cantiga, moi indicada para 1º e 2º cursos, a ver se a aprendedes é moi sinxela.

viernes, 27 de marzo de 2020

Música dende a casa (6): Breixo Vidal de 5ºB interpreta ao teclado "Todo o mereces ti"

Breixo Vidal de 5ºB envíanos esta peza interpretada ao teclado, que el mesmo compuxo, titulada "Todo o mereces ti" dedicada ao seu irmán.
Moi ben Breixo, isto si que é unha primicia; unha estrea diante do gran público do CEP Sequelo. Noraboa!
Aproveitando a túa xentileza nós ímola dedicar a todo o alumnado do colexio, porque "Todo o mercedes vos" pola boa acollida e participación en todas as propostas que vos facemos.

jueves, 26 de marzo de 2020

A cantar e bailar! "Madre Tierra" de Chayanne

Aproveitando a coregrafía de Iria Alfonso de 4ºA, aquí vos deixo a letra da canción "Madre Tierra" de Chayanne, a ver se sodes capaces de aprendela e así cantar e bailar ao mesmo tempo e contaxiarnos desa alegría que nos transmite a canción. 
E moi sinxela podedes intentar aprendela todos os cursos; así que ánimo a cantar e bailar!!!
Seguindo co noso apartado de "cultura musical" (os de 4º, 5º e 6º) podedes aprender un pouco sobre o cantante Chayanne e a súa importancia dentro do xénero musical que se coñece como Pop Latino. (Clicade nos enlaces para acceder a información)

Música dende a casa (5): Iria Alfonso de 4ºA bailando "Madre Tierra" de Chayanne

Hoxe chegounos un vídeo de Iria Alfonso Iglesias de 4ºA no que nos invita a bailar a canción "Madre Tierra" de Chayanne.
Encantounos este mensaxe de positividade e alegría que nos transmiten. Moitas grazas!
Iria é unha coreógrafa estupenda e o seu pai un alumno de sobresaínte! Ata ían coordinados no vestiario! Xenial!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Música dende a casa (4): Irene Pazos "El sol no regresa"

Irene Pazos Iglesias de 6ºB tocando a guitarra e cantando "El sol no regresa" do grupo musical "La quinta estación". Noraboa Irene!!! e moitas grazas por mandarnos unha mostra do teu arte para alegrarnos estes días.