Despois do ritmo do Samaín, imos seguir ao ritmo da música galega, con esta peza de Carlos Núñez "Moita festa" e o acompañamento rítmico para a mesma, creado pola mestra de música Nerea Seijoso Rey.
Esta melodía foi composta en 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla
da catedral de Mondoñedo (Lugo). Foi interpretada no Nadal dentro da
catedral, única época do ano na que permitían xuntar instrumentos
populares cos da orquestra.