Mostrando entradas con la etiqueta maio 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maio 2014. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de abril de 2014

Celebración da Festa dos Maios no colexio

Como cada ano por estas datas celebramos a Festa dos Maios, este ano tivemos tres. 
  • Un feito coas coplas que inventaron todos os nen@s de 4º, 5º e 6º na clase de música; coma todos os anos.
  • Outro elaborado polos nen@s de 4ºA, que contaron coa axuda do seu mestre para elaborar as coplas e cos ne@s de 6ºB para cantalas.
  • Un terceiro que amablemente viñeron a cantar para nós algunhas das compoñentes do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín. Ás que agradecemos especialmente a súa participación.

Maio do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín.

O coro da Residencia da Terceira Idade de Marín compartiu con nós esta celebración cantando o seu maio, gustounos moito que se sumaran a nosa celebración. Desde aquí o noso agradecemento.

"Maio Tradicional". Alumnado de 4ºA e 6ºB

Os nen@s de 4º A guiados polos seu mestre, profudizaron nas tradicións máis antigas das Festas dos Maios en Galicia, recuperando a melodía tradicional antiga  e as coplas hexasílabas da Festa dos Maio en Marín. Distintas as que estamos acostumados, pero unha ledicia escoitalos.
Aproveitamos para dar as grazas a Dona Queta Molas, que tivo a amabilidade de ensinarnos esta melodía tradicional.

"Maio do Sequelo". Realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cantaron "O Maio" composto coas coplas que eles inventaron na clase de música.

jueves, 10 de abril de 2014

Letra do Maio 2014

Coplas para cantar "O Maio" feitas polos nen@s de 4º, 5º e 6º. Este ano á hora de faceles tivemos en conta dedicarlle algunhas ao noso colexio no seu 40 aniversario.

martes, 8 de abril de 2014

A Festa dos Maios en Galicia

Como cada ano no mes de abril empezamos a traballar no "Maio", facendo coplas e cantando a melodía típica da nosa vila Marín. Aquí vos deixo este enlace á páxina de "Galicia espallada" para que coñezcades algo máis desta antiga festa que se celebra en distintas partes de Galicia.

http://galicia.swred.com/festas_maios.htm