Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

Música dende a casa (49): Recompilación "Xogos populares con música"

Antes de despedir este curso tan raro aquí vos deixo a recompilación da actividade conxunta que vos propuxemos a profe de Educación Física e máis eu "Xogos populares con música".


viernes, 22 de mayo de 2020

Música dende a casa (45): Xogos populares con cancións, ritmos, recitativos...

Ola rapaces? Como ides levando a coarentena agora que xa podedes saír? Por se queredes traballar un pouquiño máis  deixámosvos unha nova proposta?
Á profe de Educación Física, Tamara;  e máis a min ocorréusenos que podiamos recoller xogos populares que implican movemento ou acción ao mesmo tempo que se acompañan de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas (serie longa e ininterrompida de cousas, nomes, palabras etc., que se suceden ou se mencionan ordenadamente.)...
Para que o entendades propoñémosvos comezar cun xogo que deberiades coñecer. 
Escoitade a pista musical: Recoñecedes a canción? como xogamos con esta canción? recordades o título?... contestade e mandade as respostas escribindo o voso nome e curso. 
A ver cantos o acertades! Sorte!!!

miércoles, 7 de junio de 2017

Xogando con música clásica. Primeiro curso.

Así de ben o pasamos os nenos e nenas de de primeiro curso xogando con estes xogos de escoita activa, nos que tiñamos que facer distintos movementos escoitando música clásica. Quen dixo que a música clásica non é divertida???

domingo, 20 de octubre de 2013

Terrorííííífico puzzle musical

Os de segundo e terceiro ciclo podedes probar a cambiar  sons con este puzzle.


A boca canta, os ollos son o ritmo, o nariz as guitarras e as orellas. Podedes cambiar de sitio todas as pezas e escoitar atentamente o que ocorre. Se achegades as orellas á boca, escoitaredes con maior volume ao cantante. Se as alonxades dos ollos, o ritmo deixará de ser perceptible. Se tocades no punto de debaixo todas as pezas moveranse ao azar.