Mostrando entradas con la etiqueta curso 2020-2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2020-2021. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de junio de 2021

Despedímonos bailando

Se recordades comezamos o curso con Poppy da película de animación "Trolls", decindo que como ela tiñamos que estar pendentes de todos os riscos para seguir adiante, sen medo pero con precaución; e así o fixemos. Pois ben ímonos despedir tamén con ela e a canción "Can´t stop the feeling" ("Non podo deter esa sensación"), na que nos invita a bailar sen parar. 

Non se me ocurre mellor cousa para despedir este curso tan atípico e difícil que tivemos, e aproveitar para darvos a noraboa polo ben que o fixestes. 

Noraboa rapaces! 

 
E agora todos a bailar!

sábado, 1 de mayo de 2021

Maios 2021: "O maio de terceiro"

Estas dúas semanas previas ao primeiro de maio estivemos traballando "os maios", os nenos e nenas de terceiro axudados pola súa mestra atrevéronse a compoñe e cantar estas coplas.

viernes, 16 de abril de 2021

Maios 2021: Melodía tradicional para cantar os maios

Déixovos a melodía tradicional coa que se acompañan as coplas do maio; son unhas coplas que se cantaron algúns cursos atrás. Fixádevos tamén no acompañamento rítmico.

Se queredes saber máis sobre os maios déixovos tamén o enlace da recompilación que se fixo con todo o que se traballou o curso pasado, alí atoparedes: manuais para facer as complas dos maios e dos barcos, varios exemplos feitos polos vosos compañeiros, unha pequena historia da festa dos maios...

"Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"


viernes, 9 de abril de 2021

Ritmos con "Jerusalema"

Estivemos facendo na clase ritmos con "Jerusalema", un éxito mundial dunha canción feita en Sudáfrica polo productor africano Master KG e a cantante de novo góspel Nomcebo; cantada en idioma zulú, é un exemplo de que a música vai máis aló das linguas. Deixo o ritmo que estivemos traballando na clase por si quereis seguir bailando en casa.

 

E este outro por se vos atrevedes a probar con algo un pouco máis difícil.

viernes, 26 de marzo de 2021

Taller de Ecopercusión; 16 e 17 de marzo

Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz. 

Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.

Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.

domingo, 7 de febrero de 2021

Percusión corporal con "Dance Monkey"

Como o entroido é un tempo de alegría e baile, imos cambiar de estilo, do clásico ao actual con esta coñecida canción "Dance Monkey" da cantante australiana "Tones and I", que imos a intentar acompañar con esta percusión corporal.

Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

Percusión corporal con "Clap Clap Sound"

Os máis pequenos (1º, 2º, 3º) podemos empezar con algo máis sinxelo, imos a intentar acompañar con percusión corporal o ritmo de "Clap Clap Sound" da banda "The Klaxons".

 Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

sábado, 30 de enero de 2021

"El Carnaval de los animales" Camille Saint-Saëns

Aproveitando que se achega o entroido imos traballar esta obra de Saint-Saëns, na que intentou crear unha música que representase a cada animal. A ver se acertades que animais son?

jueves, 21 de enero de 2021

Día da Paz 2021

Este ano celebraremos o "Día da Paz" o próximo día 29 de xaneiro coas seguintes actividades:

  • Faremos "Viraventos pola Paz", nos que escribiremos as nosas mensaxes de paz.
  • Traballaremos, na semana previa, a letra da canción "Cantarela dos nenos" de Suso Vaamonde, que forma parte do libro "Cantarolas para xente miuda".

Deixamos o vídeo coa canción e a letra:

 
 
"Cantarela dos nenos" 

domingo, 25 de octubre de 2020

Samaín 2020

Este ano polo Samaín imos traballar unha selección de varias audicións musicais acompañadas con ritmos, esta selección está feita pola profesora de música Nerea Seijoso.
 
 
 
E aínda hai máis:

lunes, 14 de septiembre de 2020

Benvida ao curso 2020-2021

Ola rapaces! Xa outra vez aquí, e como cada novo curso quérovos dar a benvida cunha canción. Esta vez coa canción "Get back up again" ("Levantareime") da banda sonora da película de animación "Trolls" interpretada por Anna Kendrick, que nos deixa unha mensaxe cargada de positividade para empezar con forza o novo curso, que como para Poppy tamén se nos presenta cheo de obstáculos. Ánimo todos xuntos, con sentidiño e cumprindo as normas ímolos superar!