Despedimos o curso co alumnado de 2º B con esta coñecida cantiga "Pola unha media lúa" con letra de Ana Mª Fernández e música de Manuel Rico Verea; para a que Martina e Saioa inventaron este acompañamento rítmico.
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2013-2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2013-2014. Mostrar todas las entradas
jueves, 19 de junio de 2014
jueves, 29 de mayo de 2014
Homenaxe ó Himno de Eurovisión. 5º Curso
Acompañamos a famosa composición
Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier dunha coreografía creada por Jos Wuytack.
O noso homenaxe a esta composición máis coñecida como o "Himno de
Eurovisión", despois de propoñer que preguntasen aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se
escoitaba. Sen dúbida un dos signos de identidade de hai 40 anos época na que situanos o noso Proxecto "40 Anos de Escola".
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curso 2013-2014,
danza,
Marc Antoine Charpentier,
Preludio Te Deum,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
videos
miércoles, 28 de mayo de 2014
Homenaxe á máquina de escribir. 4º Curso
Acompañamos a composición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson dunha improvisada máquina de escribir de cartón.
A nosa pequena homenaxe a ese útil instrumento
hoxe case en desuso pero moi utilizada hai 40 anos a época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola". Seguro que nas secretarías había algunha e era común escoitar o seu son.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curiosidades,
curso 2013-2014,
L. Anderson,
máquina de escribir,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
videos
viernes, 16 de mayo de 2014
Audición: Prelude "Te Deum"
En 5º curso estivemos traballando a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier. Despois propuxemos como traballo para o Proxecto "40 Anos de Escola" preguntar aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Por suposto a gran maioría identificáronna como o "Himno de Eurovisión".
Aquí vos deixo un video no que ademais de escoitar a composición podemos ver os coñecido símbolo que aparecía en TVE e a súa evolución ao longo do tempo.
Déixovos tamén varios enlaces por se queredes saber algo máis da vida e composicións de M. A. Charpentier:
Enlace a Wikipedia
miércoles, 14 de mayo de 2014
Audición: "A máquina de escribir"
Os de 4º curso estivemos escoitando unha curiosa peza "A máquina de escribir", do compositor estadounidense Leroy Anderson. Falamos de como a Anderson se lle ocurrira incorporar unha máquina de escribir á interpretación da orquestra. Aquí tendes unha mostra de como o fixo.
Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.
Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.
Se queredes saber máis sobre L. Anderson podedes visitar esta
dirección: Web oficial de Leroy Anderson
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curiosidades,
curso 2013-2014,
L. Anderson,
máquina de escribir,
música clásica,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola
lunes, 12 de mayo de 2014
Instrumentos de corda fretada. Explicación de Diego e Raquel. 6ºA
Este trimestre estivemos falando na clase de música das familias de instrumentos, dous alumnos de 6ºA que estudan violín tiveron a xentileza de explicarlles aos seus compañeiros as partes de que consta e como se toca; incluso se atreveron a a tocar unhas pezas. Noraboa rapaces seguide así, sabemos que non é doado tocar en público. Moitas grazas tamén á súa titora por animalos a facelo.
domingo, 11 de mayo de 2014
"A escola do fondo do mar". 1º B
Formando parte dos traballos do noso proxecto "40 Anos de Escola". Así imaxinaron os nenos e nenas de 1º B como podería ser unha escola no fondo do mar, e así o plasmaron neste comic. Moitas grazas á súa titora por ensaialos tan ben.
miércoles, 30 de abril de 2014
Celebración da Festa dos Maios no colexio
Como cada ano por estas datas celebramos a Festa dos Maios, este ano tivemos tres.
- Un feito coas coplas que inventaron todos os nen@s de 4º, 5º e 6º na clase de música; coma todos os anos.
- Outro elaborado polos nen@s de 4ºA, que contaron coa axuda do seu mestre para elaborar as coplas e cos ne@s de 6ºB para cantalas.
- Un terceiro que amablemente viñeron a cantar para nós algunhas das compoñentes do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín. Ás que agradecemos especialmente a súa participación.
Maio do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín.
O coro da Residencia da Terceira Idade de Marín compartiu con nós esta celebración cantando o seu maio, gustounos moito que se sumaran a nosa celebración. Desde aquí o noso agradecemento.
"Maio Tradicional". Alumnado de 4ºA e 6ºB
Os nen@s de 4º A guiados polos seu mestre, profudizaron nas tradicións máis antigas das Festas dos Maios en Galicia, recuperando a melodía tradicional antiga e as coplas hexasílabas da Festa dos Maio en Marín. Distintas as que estamos acostumados, pero unha ledicia escoitalos.
Aproveitamos para dar as grazas a Dona Queta Molas, que tivo a amabilidade de ensinarnos esta melodía tradicional.
Aproveitamos para dar as grazas a Dona Queta Molas, que tivo a amabilidade de ensinarnos esta melodía tradicional.
"Maio do Sequelo". Realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cantaron "O Maio" composto coas coplas que eles inventaron na clase de música.
viernes, 25 de abril de 2014
Cantando "O Maio 2014"
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º un ano máis inventaron coplas e cantaron "O Maio".
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
a festa dos maios,
biblioteca,
concurso maios 2014,
coplas maio,
curso 2013-2014,
maio 2014,
maios,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola
jueves, 10 de abril de 2014
Letra do Maio 2014
Coplas para cantar "O Maio" feitas polos nen@s de 4º, 5º e 6º. Este ano á hora de faceles tivemos en conta dedicarlle algunhas ao noso colexio no seu 40 aniversario.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
biblioteca,
coplas maio,
curso 2013-2014,
letra maio,
maio 2014,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola
martes, 8 de abril de 2014
A Festa dos Maios en Galicia
Como cada ano no mes de abril empezamos a traballar no "Maio", facendo coplas e cantando a melodía típica da nosa vila Marín. Aquí vos deixo este enlace á páxina de "Galicia espallada" para que coñezcades algo máis desta antiga festa que se celebra en distintas partes de Galicia.
domingo, 16 de marzo de 2014
Odaiko "Vaia circo"
O próximo día 19 o alumnado do terceiro ciclo asistirá ao espectáculo de percusión do grupo Odaiko, este ano o espectáculo leva por título "Vaia circo", se queredes saber un pouco máis sobre o grupo e o espectáculo clicade na foto para acceder á súa páxina web.
jueves, 27 de febrero de 2014
El Carnaval de los Animales
Aproveitando estas datas de celebración do Entroido estivemos traballando a obra de Camille Saint-Saëns "El Carnaval de los Animales". Aquí vos deixo un conto inspirado nesa obra titulado "El despertar de los animales" así como o enlace aos xogos sobre o mesmo da páxina de Musicaeduca.
miércoles, 26 de febrero de 2014
Homenaxe a Paco de Lucía
A nosa pequena homenaxe desde aquí a Paco de Lucía. Considerado un xenio da guitarra a nivel internacional, aquí vos deixo a súa interpretación máis coñecida "Entre dos aguas".
lunes, 27 de enero de 2014
martes, 21 de enero de 2014
Día da Paz 2014
Como cada ano o día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. A canción coa que remataremos este ano o acto cantando todos xuntos é "Verdad que sería estupendo", do grupo Cómplices.
domingo, 15 de diciembre de 2013
Selección de panxoliñas con letra
Aquí vos deixo outra selección de panxoliñas tradicionais, estas en galego e coa letra por se as queredes cantar.
O video é unha lista de reprodución, se clicades na esquina superior esquerda podedes escoller a que queirades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
