Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de junio de 2015

43 debuxos animados para unha orquestra sinfónica

Como despedida de curso déixovos este enganchado de cancións de debuxos animados que armou unha orquestra do Carnegie Hall. Corresponden a 43 series. A ver cantas identificades?
Bo verán a todos e repoñede forzas para o curso que ven!!!

martes, 28 de abril de 2015

domingo, 19 de abril de 2015

Maio 2015. Coplas

Como cada ano estamos dispostos a cantar "o maio", estas son as coplas que inventamos co alumnado de 4º, 5º e 6º.

martes, 13 de enero de 2015

Día da Paz 2015. "Apertas que voan"

Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!".

viernes, 28 de noviembre de 2014

Danza "Jingle Bells"

Xa se achega o Nadal, este ano ademais das acostumadas panxoliñas propoñémosvos bailar ao ritmo desta coñecida canción estadounidense. Sobre a que traballaremos conxuntamente, con diversas actividades, as áreas de Inglés, Educación Física e Música.

  Aproveitamos para dar as gracias á profesora Begoña Rodríguez quen no seu blog "Danzas del Mundo" pon a nosa disposición a coreografía e o audio.

miércoles, 8 de octubre de 2014

Samaín 2014

Como cada ano déixovos algunhas pezas musicais axeitadas para esta data. Algunhas traballarémolas na clase, outras podedes disfrutalas na casa. Lembrade que coa etiqueta "samaín" podedes atopar as propostas de anos anteriores.

"Esto es Halloween"

Versión en castelá da coñecida canción "This is Halloween" da película "Pesadilla antes de Navidad".


Versión de en inglés de Marilyn Manson

"Thriller"

Por se queredes "mover o esqueleto" a ritmo da coñecida "Thriller", aquí vos deixo esta versión coa que podedes practicar o baile cos esqueletos.

"The skeleton dance". Disney. 1929

O clásico corto de Disney "The skeleton dance" do ano 1929.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Benvida ao curso 2014-2015

Benvidos un ano máis a un novo curso, aínda que nos de un pouco de perguiza e esteamos un pouco asustados, fagamos nosa a letra desta coñecidada canción de Bobby McFerrin. 
Ánimo rapaces! A por todas neste novo curso! "Dont worry be happy"