O noso homenaxe a esta composición máis coñecida como o "Himno de
Eurovisión", despois de propoñer que preguntasen aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se
escoitaba. Sen dúbida un dos signos de identidade de hai 40 anos época na que situanos o noso Proxecto "40 Anos de Escola".
Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas
jueves, 29 de mayo de 2014
Homenaxe ó Himno de Eurovisión. 5º Curso
Acompañamos a famosa composición
Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier dunha coreografía creada por Jos Wuytack.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curso 2013-2014,
danza,
Marc Antoine Charpentier,
Preludio Te Deum,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
videos
miércoles, 28 de mayo de 2014
Homenaxe á máquina de escribir. 4º Curso
Acompañamos a composición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson dunha improvisada máquina de escribir de cartón.
A nosa pequena homenaxe a ese útil instrumento
hoxe case en desuso pero moi utilizada hai 40 anos a época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola". Seguro que nas secretarías había algunha e era común escoitar o seu son.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curiosidades,
curso 2013-2014,
L. Anderson,
máquina de escribir,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
videos
viernes, 16 de mayo de 2014
Audición: Prelude "Te Deum"
En 5º curso estivemos traballando a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier. Despois propuxemos como traballo para o Proxecto "40 Anos de Escola" preguntar aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Por suposto a gran maioría identificáronna como o "Himno de Eurovisión".
Aquí vos deixo un video no que ademais de escoitar a composición podemos ver os coñecido símbolo que aparecía en TVE e a súa evolución ao longo do tempo.
Déixovos tamén varios enlaces por se queredes saber algo máis da vida e composicións de M. A. Charpentier:
Enlace a Wikipedia
miércoles, 14 de mayo de 2014
Audición: "A máquina de escribir"
Os de 4º curso estivemos escoitando unha curiosa peza "A máquina de escribir", do compositor estadounidense Leroy Anderson. Falamos de como a Anderson se lle ocurrira incorporar unha máquina de escribir á interpretación da orquestra. Aquí tendes unha mostra de como o fixo.
Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.
Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.
Se queredes saber máis sobre L. Anderson podedes visitar esta
dirección: Web oficial de Leroy Anderson
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
audición,
biblioteca,
curiosidades,
curso 2013-2014,
L. Anderson,
máquina de escribir,
música clásica,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola
jueves, 27 de febrero de 2014
El Carnaval de los Animales
Aproveitando estas datas de celebración do Entroido estivemos traballando a obra de Camille Saint-Saëns "El Carnaval de los Animales". Aquí vos deixo un conto inspirado nesa obra titulado "El despertar de los animales" así como o enlace aos xogos sobre o mesmo da páxina de Musicaeduca.
viernes, 31 de mayo de 2013
domingo, 31 de marzo de 2013
La hormiga y la cigarra
Os nenos e nenas de 5º B puxéronlle voz á coñecida fábula "La hormiga y la cigarra". Con ela introducímonos na obra "As Estacións" de Vivaldi. Aquí escoitamos fragmentos de dúas de las "O Verán" e "O Inverno".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)