Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019-2020. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2019-2020. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

Música dende a casa (50): "Rimas con animales"

Como despedida para o alumnado de primeiro e segundo curso déixovos estas rimas con animais, que estivemos traballando nas videoconferencias. Que ben o pasamos xogando con todos eles, e moitos que tiñades nas vosas casas.
Se queredes podedes volver a escoitalas e aprender as novas no verán.
Vémonos en setembro, coidádevos moito!!!
"Rimas con animales"

martes, 16 de junio de 2020

Música dende a casa (49): Recompilación "Xogos populares con música"

Antes de despedir este curso tan raro aquí vos deixo a recompilación da actividade conxunta que vos propuxemos a profe de Educación Física e máis eu "Xogos populares con música".


viernes, 12 de junio de 2020

Música dende a casa (48): Tom e Jerry

Tom e Jerry son dous simpáticos personaxes de debuxos animados que xa existían cando eu era nena, algunhas das súas historietas están relacionadas coa música, hoxe déixovos esta que rescatei da memoria grazas a un bo amigo meu que fixo que a lembrara. 
O título da historieta é "Concert madness", traducido sería "Loucuras en concerto". Pero este non é o título orixinal da obra que intenta interpretar Tom, mentras que Jerry inteta interrumpir e fastidiar.
Como sempre un pouquiño de cultura musical: Saberiades decirme o título real da obra que interpretan Tom  e Jerry; e quen foi o compositor da mesma. 
Clicando nos enlaces e vendo o segundo vídeo atoparedes as respostas ás dúas preguntas. Como sempre agardo as vosas respostas no correo mglealgonzalez@gmail.com

 

Neste outro vídeo podedes ver a obra completa interpretada pola pianista Yannie Tan. Espero que vos guste a súa actuación.

viernes, 5 de junio de 2020

Música dende a casa (47): Recordando algunhas cousiñas

Se estiveramos na clase normal, chegadas estas datas estariamos repasando: Linguaxe musical, ritmos, cancións, danzas, xogos musicais... Esta vez imos intentar facer un repaso a través de xogos e actividades interactivas que vos irei deixando ao longo destes días que faltan para rematar o curso.
Déixovos estes cuestionarios por cursos, pero se vos animades podedes facelos todos. 
Cando os fagades no recuadro que di "user name" debedes introducir o nome e o curso. 
5º e 6º: Que recordas dos instrumentos musicais?
5º e 6º: Completa estas definicións sobre linguaxe musical
3º e 4º: Repasando a linguaxe musical
3º e 4º: Recordas as cualidades do son?

miércoles, 3 de junio de 2020

Música dende a casa (46): Xogo cos instrumentos de percusión

Repasa xogando os instrumentos de percusión. Para que vos sexa máis fácil recoñecelos poñede o xogo en pantalla completa, clicando no símbolo da esquina inferior dereita.
 

viernes, 22 de mayo de 2020

Música dende a casa (45): Xogos populares con cancións, ritmos, recitativos...

Ola rapaces? Como ides levando a coarentena agora que xa podedes saír? Por se queredes traballar un pouquiño máis  deixámosvos unha nova proposta?
Á profe de Educación Física, Tamara;  e máis a min ocorréusenos que podiamos recoller xogos populares que implican movemento ou acción ao mesmo tempo que se acompañan de cancións, recitativos rítmicos, adiviñas, ladaíñas (serie longa e ininterrompida de cousas, nomes, palabras etc., que se suceden ou se mencionan ordenadamente.)...
Para que o entendades propoñémosvos comezar cun xogo que deberiades coñecer. 
Escoitade a pista musical: Recoñecedes a canción? como xogamos con esta canción? recordades o título?... contestade e mandade as respostas escribindo o voso nome e curso. 
A ver cantos o acertades! Sorte!!!

jueves, 21 de mayo de 2020

Música dende a casa (44): Aixa Vilas de 5ºA interpreta "Habanera de Carmen"

Aixa de 5ºA, está aprendendo a tocar o piano, e como podedes comprobar xa toca así de ben. Mandounos esta peza da ópera Carmen do Bizet coñecida como "Habanera". Moitas grazas Aixa por compartir a túa arte con todos nós. 
Noraboa Aixa!!! E sigue así de ben!!! 

Como se titula en realidade a "Habanera de Carmen"?

E agora un pouco de cultura musical
A peza que nos interpreta Aixa coñecida popularmente como "Habanera de Carmen" é un aria  que pertence á ópera Carmen, que compuxo Georges Bizet, no ano 1875. 
Pero "Habanera de Carmen" non é o seu auténtico título. Saberiades dicir cal é en realiade o título desta "Habanera".
Seguro que clicando nos enlaces o atopades, e tamén aprendedes un pouco máis do compositor Bizet e a súa obra.
Espero as vosas respostas no correo mglealgonzalez@gmail.com
xa sabedes que vos poden axudar os vosos pais, avós, irmáns...

miércoles, 20 de mayo de 2020

Música dende a casa (43): Repasando linguaxe musical

Hola! Esta vez déixovos un repasiño de linguaxe musical podédelo facer desde 3º a 6º, para 5º e 6º será moi faciliño pero non ben mal de repaso, para 4º e 3º igual é un pouco máis difícil, pero insistindo un pouco seguro que vos lembrades de todo. 
Proba as diferentes maneiras de xogo que ten despregando a caixiña rectangular do fondo á dereita que di "Elige un modo de estudio".

martes, 19 de mayo de 2020

Música dende a casa (42): Ricardo Carvalho Calero a ritmo de Rap

O alumnado de 4ºB compuxo una biografía de Ricardo Carvalho Calero, que logo rapearon cunha base de rap, aínda que o sonido non é moi bo, ben merecen un aplauso estes pequenos rapeiros polo ben que o fixeron. Noraboa!

jueves, 14 de mayo de 2020

Música dende a casa (41): "O meu amor é mariñeiro" pola familia Arribas López

Se recordades ao principio do confinamento a familia Arribas López fíxonos un agasallo moi especial tocando todos xuntos unha peza titulada "A vida é bela". Agora para celebrar As Letras Galegas 2020, tamén nos mandaron un agasallo musical "O meu amor é mariñeiro".
Moitas grazas á Alonso (1º) e Laura (5ºB) e aos seus pais Soraya e Alberto por este agasallo musical.

"O meu amor é mariñeiro" de Fuxan os Ventos

Imos aproveitar esta peza para coñecer un pouco máis da nosa música.
"O meu amor é mariñeiro", é una canción composta polo grupo folk galego "Fuxan os Ventos", con letra en galego de Lois Álvarez Pousa, adaptada a partir do poema "A Trova do Amor Lusíada", orixinal en portugués, do poeta e político Manuel Alegre, e música de Xosé L. Rivas Cruz (Mini).
Aquí deixo a versión orixinal da canción cantada por Fuxan os Ventos, e a letra por se queredes acompañar a Alonso e Laura cantando en galego para celebrar a data.
Como vos digo sempre preguntádelle aos vosos pais e avós se a coñecen, e se atreven a cantar eles tamén. Xa me contaredes...

viernes, 8 de mayo de 2020

Música dende a casa (40): 2020 Ano dedicado a Beethoven

Con isto da pandemia provocada polo COVID-19 e o posterior confinamento para poder contela, tivemos tanta cousas na cabeza que casi se nos esquece que este ano 2020 está dedicado a Beethoven, xa que se celebra o 250 aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Déixovos este mural interactivo por se queredes saber algo máis da súa música  e a súa vida. Un pouco de cultura para pasar un rato relaxados, que podedes compartir toda a familia.
Debaixo tendes máis explicacións.
s

domingo, 3 de mayo de 2020

Maio 2020 dende a casa: Recompilación da proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir.
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.


viernes, 1 de mayo de 2020

Música dende a casa (39): O Consello da Cultura Galega xunta os novos valores da música coa poesía de Curros Enríquez nunha nova versión de “O maio”

“O maio” é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez e no que o poeta evoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) promoveu un proxecto celebrativo que xunta este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que fusiona rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.

Deíxovos as dúas versións podedes opinar sobre elas e facer os comentarios na sección "comentarios", no formulario de contacto ou  no correo mglealgonzalez@gmail.com, recordade poñer o nome e o curso.

 

Versión de Luis Emilio Batallán

Música dende a casa (38): Coplas do maio 2020 interpretadas por Pedro Castro de 4ºB

Pedro de 4ºB e a súa familia tiveron a súa particular celebración do 1 de maio, fixeron este maio e cantaron todos xuntos estas coplas. Moi boa idea! Xa que non podemos saír, nin ter unha celebración dos maios nas rúas, nada nos impide celebralo na casa. Parabéns e moitas grazas por compartir con nós a vosa pequena festa!

Música dende a cas (37): Coplas maio 2020 interpretadas por Roi Rodiño e Breixo Sanjorge de 5ºB

Roi Rodiño e Breixo Sanjorge de 5ºB aínda que separados tamén foron capaces de coordinarse para escribir a medias esta copla que un cantou cos toletes e o outro petando no chan ao estilo máis tradicional.  Bautizaron ao seu maio como "Maio dos Cativos". Moi ben! Noraboa! 

Música dende a casa (36): Coplas do maio 2020 interpretadas por Irene Pazos de 5ºB

Irene de 5ºB, que ten moita experiencia nisto de cantar os maios, porque xa o facía na escola de infantil da Virxe do Carme, cantou así de ben o "Maio do Río Lameira do Sequelo". Moi ben Irene! Moi ben cantado e o ritmo perfecto!!! 

Música dende a casa (35): Coplas do maio 2020 interpretadas por Laura Arribas e Carla Vilela de 5ºB

Aínda que na distancia Laura e Carla de 5ºB puxéronse de acuerdo para cantar a medias o seu maio,que bautizaron como "Maio Coitado", e cantaron así de ben! Parabéns para as dúas! Moitas grazas!

Música dende a casa (34): Coplas do maio 2020 interpretadas por Daniel Quintana de 5ºB

Daniel de 5ºB fixo un maio aproveitando os materiais que tiña pola casa e bautizouno como "Os Valentes do Sequelo", despois animouse a cantar diante del estas copliñas. Moi ben Daniel! Boa idea para improvisar un maio!