Estas últimas semanas estivemos traballando os instrumentos e a súa clasificación, como complemento para este traballo este grupiño de alumnos de 5ºB trouxeron os seus instrumentos de corda (guitarras e ukelele), dos que nos explicaron as súas características e interpretaron dúas coñecidas cancións. Aínda que estaban un pouco nerviosos, así de ben o fixeron.
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018-2019. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018-2019. Mostrar todas las entradas
lunes, 3 de junio de 2019
martes, 7 de mayo de 2019
"A frauta traveseira". Aitana Reboredo, 2º curso
Aitana Reboredo de 2º curso está aprendendo a tocar a frauta traveseira, aínda está empezando pero quixo compartir con todos nós as súas primeiras melodías, e explicarnos un pouquiño como é a frauta, como se toca, como se limpa... Fixéchelo moi ben, ánimo queda moito por practicar pero vas polo bo camiño.
jueves, 28 de febrero de 2019
"Eu cociño, ti cociñas?", Mamá Cabra
O pasado martes o alumnado de primeiro e
segundo asistimos a varias actividades extraescolares levadas a cabo
por Afundación. A primeira delas foi un concerto didáctico a cargo de
Mamá Cabra "Eu cociño, ti cociñas?", no que a través da música amosábase
a riqueza e a importancia da alimentación e da cociña. Despois de facer
un pequeno descanso para merendar, asistimos a un "Obradoiro de
Entroido" no que nos contaron varias historias sobre o loro Ravachol,
protagonista do Entroido de Pontevedra, e tamén fixemos máscaras.
sábado, 2 de febrero de 2019
Marcha Radetzky pola Paz. Día da Paz 2019
Así celebramos este ano o Día da Paz, a
ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que
acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto
alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto
curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.
martes, 15 de enero de 2019
Marcha Radeztky pola Paz
Este ano celebraremos o Día da Paz con música clasica, ao ritmo da coñecida Marcha Radeztky de J. Strauss.
Animádevos a intentar acompañala con percusións corporais, levando o ritmo da marcha ao tempo que repetimos un texto alusivo á celebración.
Deixovos un video co que podedes aprender as percusións corporais e o texto que tendes que intentar repetir ao mesmo tempo.
sábado, 24 de noviembre de 2018
O pasado día 21 asistimos no auditorio de Afundación a un concerto didáctico "El mágico planeta de los instrumentos insólitos" a cargo do dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais. Neste espéctaculo os nenos e nenas emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos ritmos e melodías da música popular española. Trasmitíndolles valores sobre a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións; usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical,as frautas feitas de ósos de animais, o theremín (único instrumento que se toca sen tocar), ou a frauta cadeira de camping.
lunes, 1 de octubre de 2018
"A trompeta", Darío Vidal Salgueiro, 5ºA
Tal e como nos prometera a finais do curso pasado, Darío Vidal Salguerio de 5ºA explicounos as características da trompeta, instrumento de vento-metal; seguida dunha interpretación de varias pezas. Pasámolo moi ben adiviñando que pezas tocaba, e foi unha magnífica introdución para e empezar a estudar a clasificación dos instrumentos.
Moitas grazas Darío, e moito ánimo para seguir así de ben.
Moitas grazas Darío, e moito ánimo para seguir así de ben.
domingo, 30 de septiembre de 2018
Benvida a curso 2018-2019
Ola rapaces! Xa outra vez aquí, e como cada novo curso quérovos dar a benvida cunha canción. Esta vez coa canción "Get back up again" ("Levantareime") da banda sonora da película de animación "Trolls" interpetrada por Anna Kendrick, que nos deixa unha mensaxe cargada de positividade para empezar con forza o novo curso. Ánimo que pasa pronto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)