Mostrando entradas con la etiqueta música tradicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música tradicional. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de marzo de 2022

"Terra", Tanxugueiras. Acompañamento rítmico

Aínda que Tanxugueiras, coa súa canción "Terra",  non nos van representar no Festival de Eurovisión, si que conseguiron que a nosa música se escoite en toda España e tamén máis alá das nosas fronteiras, porque como ben di a letra da canción "Non hai fronteiras", e menos para a música.

Nós imos intentar acompañala con esta percusión para baquetas creada pola profesora de música Nerea Seijoso Rey, a quen temos que agradecer que cree estes acompañamentos tan divertidos.

 
Os máis pequenos imos intentar facelo con esta percusión corporal creada por Ricardo Imedio.

sábado, 18 de abril de 2020

Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Tódolos anos, chegadas estas datas, o Ateneo Santa Cecilia convoca o seu concurso de Maios; este ano por as especiais circunstancias que vivimos non imos poder facer o maio e saír con el polas rúas da vila, pero que tal se o cantamos “dende a casa”? 
Pois ben, ahí vai a nosa proposta: “Levántate Maio Marín 2020 Sequelo".
Mandádenos un vídeo cantando unha ou dúas estrofas dunha copla dun maio. Podédelas crear vos mesmos seguindo o manual que fai uns días nos deixou o profe José Antonio na entrada da web do centro titulada “Coplas dos maios”. Ou ben se non vos atrevedes a crealas pero queredes cantalas decídenolo e dámosvolas nós. 
Tendes de prazo ata o día 28 de abril. Con todas as gravacións recibidas faremos un vídeo que ten que estar listo para saír o día 1 de maio.
Recórdovos os correos para envialas sequelonacasa@gmail.com ou mglealgonzalez@gmail.com.
Para aprender a melodía, deixamos este audio cantado fai uns anos por un grupiño de nenos e nenas, algunhas aínda están no cole e outras xa se foron.

Música dende a casa (18): "O cuco" canta Pedro Castro de 4ºB

Pedro Castro de 4ºB canta, acompañado do tambor, unhas copliñas da cantiga "O cuco". Moi ben Pedro, sabemos que cantar e tocar ao mesmo tempo non é nada sinxelo. 
Tamén sabemos que estás aprendendo a tocar os instrumentos de percusión, así que se te animas con outra interpretación estaremos encantados de escoitarte.

jueves, 16 de abril de 2020

Música dende a casa (17): "O cuco" canta Aitor Moreira de 4ºB

Aitor Moreira de 4º B foi o primeiro en animarse a cantar unhas copliñas da cantiga "O cuco", que como xa sabedes nos dedicou Xosé Iglesias Buxán. 
Moi ben Aitor, fixéchelo moi ben!!!
E os demais... a que estades agardando? Animádevos!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

Música dende a casa (16): Canción orixinal "O cuco" versión karaoke

Para que vos sexa máis fácil aprendela déixovos a versión orixinal estreada por Suso Vaamonde, co karaoke feito polos compañeiros do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal. 
Así que agora xa non tendes desculpa, aprendede un anaquiño, gravádevos e enviádeo aos correos que xa sabedes mglealgonzale@gmail.com ou sequelonacasa@gmail.com.

Música dende a casa (15): Manuel Iglesias Buxán

Temos a sorte de que o profesor José Antonio coñece a Manuel Iglesias Buxán que nos dedicou esta coñecida canción. Aquí tendes a entrada que está tamén na web do cole:
Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 
Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.
ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

sábado, 28 de marzo de 2020

Música dende a casa (7): Pablo Díaz

Pablo Díaz, cantante, compositor e investigador da música galega. Desde moi novo estuda e ensina materias relacionadas co baile e a música tradicional: a gaita, o clarinete, percusións variadas (tambor, bombo ou pandeireta), e a voz. 
Forma parte de varios grupos de música tradicional e folk (Donaire, Ruote, Entrecaixas e Tátara Trío), participando como músico e cantante. Colaborou tamén con Susana Seivane ou Pablo Seoane. Foi músico acompañante en contacontos da editorial Kalandraka.
Pablo é un dos intérpretes que participa no libro-CD "A nosa memoria" que recolle a tradición popular oral da nosa vila.
O profe José antonio contactou con el e deixounos esta cantiga, moi indicada para 1º e 2º cursos, a ver se a aprendedes é moi sinxela.

martes, 24 de marzo de 2020

Música dende a casa (2): Luis Prego "Unha vella tiña un can"

Tivemos a sorte do que o profe José Antonio pudo contactar con Luís Prego.
Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto  é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.
Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios ou a través do formulario de contacto! (non esquezades asinalo co voso nome).
 
Luis Prego - Unha vella tiña un can from josean paz on Vimeo.

lunes, 7 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O próximo venres día 11, San Martiño, celebraremos o magosto. Mentras agardamos o momento de comer as castañas pasaremos un bo rato participando nos xogos que nos teñen preparados as profes de Educación Física e cantando e bailando ao ritmo desta cantiga popular que nos propón o EDL.
Aquí deixamos a letra, que como podedes comprobar é moi doada de aprender e un enlace á música para que cantedes con ela.
Aproveitamos para dar as gracias ao CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, e a súa profesora de música: Marta Pérez Lage por compartir esta cantiga e facilitarnos o traballo de buscar a música.

jueves, 17 de enero de 2013

Concerto de percusión con Odaiko

O próximo martes 22 de xaneiro o Terceiro Ciclo iremos ao concerto para escolares do grupo de percusión galego Odaiko. Na clase xa estivemos falendo del e do tipo de música que fan. Déixovos un video do que fan e o enlace á súa páxina web para que vaides abrindo boca.

                                      
Se queredes saber máis sobre o grupo aquí vos deixo o 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Panxoliñas e cantos de Nadal

Na clase estivemos cantando panxoliñas e falando dos cantos tradicionais de Nadal. Aquí tendes unha cantiga tradicional que quere ser un trabalinguas. Animádevos a cantala; a ver se sodes capaces de facelo tan rápido como Mini.

                                                      
Para que vos resulte máis fácil déixovos a letra:

Imos lever unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, máis unha galiña,
un añiño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.

Ai!, meu neno,
meu rei, meu meiguiño,
non tes un albergue,
non tes un leitiño.
Sen arrimo, nas pallas estás,
Ai!, meu queridiño, que frío terás.
(BIS)