Mostrando entradas con la etiqueta cancións para a Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cancións para a Paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de enero de 2020

Día da Paz "Baile da Paz" de Mamá Cabra

Para celebrar o "Día da Paz" este ano realizaremos, en relación co PDI "Chegamos a bo porto" a actividade "Ao noso porto chegou un barco cargado de... " na que debedes completar esta frase, que se vos dará escrita nun barquiño, cos vosos desexos de Paz. Recolleranse todos en murais polos corredores.
Para a celebración conxunta de todo o colexio imos cantar e bailar o "Baile da Paz" de Mamá Cabra. 
Deixovos a coreografía que fixeron o alumnado do CEIP "A Gándara" de Monforte de Lemos, que xa antes tiveron a mesma idea que nós para a celebración desta data; ao que aproveitamos para agradecerlle que se adiantaran aforrándonos así o traballo de crear unha nova.

jueves, 6 de abril de 2017

Concerto "Paxaro amigo. Músicas para a paz"

Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.

jueves, 26 de enero de 2017

Día da Paz. "Sementado a Paz"

Como cada ano o próximo día 30 de xaneiro celebraremos o "Día da Paz", este ano co lema "Sementado a Paz", en alusión ao PDI "Terra adentro" que estamos traballando este ano. Clicando sobre a imaxe teredes acceso a web do centro onde atoparedes a versión da coñecida cantiga  de Fuxan os Ventos "Sementar sementarei", que fixo o alumnado de sexto e que cantaremos todos. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/991

Tamén vos deixo a cantiga orixinal do grupo Fuxan os Ventos, do álbum "Sementeira" publicado en 1978.

martes, 13 de enero de 2015

Día da Paz 2015. "Apertas que voan"

Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!".