Como despedida de curso déixovos este enganchado de cancións de debuxos animados que armou unha orquestra do Carnegie Hall. Corresponden a 43 series. A ver cantas identificades?
Bo verán a todos e repoñede forzas para o curso que ven!!!
Acompañamos a famosa composición
Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier dunha coreografía creada por Jos Wuytack.
O noso homenaxe a esta composición máis coñecida como o "Himno de
Eurovisión", despois de propoñer que preguntasen aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se
escoitaba. Sen dúbida un dos signos de identidade de hai 40 anos época na que situanos o noso Proxecto "40 Anos de Escola".
Acompañamos a composición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson dunha improvisada máquina de escribir de cartón.
A nosa pequena homenaxe a ese útil instrumento
hoxe case en desuso pero moi utilizada hai 40 anos a época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola". Seguro que nas secretarías había algunha e era común escoitar o seu son.
En 5º curso estivemos traballando a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier. Despois propuxemos como traballo para oProxecto "40 Anos de Escola" preguntar aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Por suposto a gran maioría identificáronna como o "Himno de Eurovisión".
Aquí vos deixo un video no que ademais de escoitar a composición podemos ver os coñecido símbolo que aparecía en TVE e a súa evolución ao longo do tempo.
Déixovos tamén varios enlaces por se queredes saber algo máis da vida e composicións de M. A. Charpentier:
No primeiro ciclo imos traballar o Samaín recordando unha coñecida canción "La brujita Tapita", non da moito medo pero é moi divertida e ao mellor tennos preparada algunha TERRORÍFICA SORPRESAAAA JA, JA JAAAAA!!!
O próximo martes 22 de xaneiro o Terceiro Ciclo iremos ao concerto para escolares do grupo de percusión galego Odaiko. Na clase xa estivemos falendo del e do tipo de música que fan. Déixovos un video do que fan e o enlace á súa páxina web para que vaides abrindo boca.
Se queredes saber máis sobre o grupo aquí vos deixo o
Deséxovos unhas boas e musicais vacacións con este divertido video. Repoñede forzas para o curso que ven. Non deixedes de visitar o blog, seguirei añadindo máis xogos.
O curso 6º A tamén se sumou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na celebración do seu centenario: Recitando un o poema "Cantiga de amigo para Xoán Miró", ilustrandoo cuns debuxos feitos por eles inspirados na obra de Xoán Miró e acompañado do "Minuet" da Sonata nº 6 de Haydn.
Os nenos e nenas de 5º curso non quixeron ser menos que os seus compañeiros e compañeiras de 4º. Polo que tamén quixeron facerlle a súa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Esta vez desde a Biblioteca do colexio. Co poema "Irmáus" e a coñecida canción de "Fuxan os Ventos" que leva o mesmo título.
Os nenos e nenas de 4º curso recordan a Celso Emilio Ferreiro no seu Centenario cun poema "Inverno", acompañado dun recitativo popular "Chove, chove, na casa do pobre".