Mostrando entradas con la etiqueta "O maio". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "O maio". Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de mayo de 2021

Maios 2021: "O maio de terceiro"

Estas dúas semanas previas ao primeiro de maio estivemos traballando "os maios", os nenos e nenas de terceiro axudados pola súa mestra atrevéronse a compoñe e cantar estas coplas.

viernes, 1 de mayo de 2020

Música dende a casa (39): O Consello da Cultura Galega xunta os novos valores da música coa poesía de Curros Enríquez nunha nova versión de “O maio”

“O maio” é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez e no que o poeta evoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) promoveu un proxecto celebrativo que xunta este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que fusiona rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
“O maio” é un poema moi coñecido de Curros Enríquez que se insire do seu poemario “Aires da miña terra”, que cumpre no mes de xuño 140 anos da súa primeira edición. Estas peza xa forma parte do imaxinario popular grazas á versión musical que fixo Luís Emilio Batallán en 1975, á que agora sumamos estoutra proposta actualizada.

Deíxovos as dúas versións podedes opinar sobre elas e facer os comentarios na sección "comentarios", no formulario de contacto ou  no correo mglealgonzalez@gmail.com, recordade poñer o nome e o curso.

 

Versión de Luis Emilio Batallán