Así celebramos este ano o Día da Paz, a
ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que
acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto
alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto
curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paz. Mostrar todas las entradas
sábado, 2 de febrero de 2019
martes, 15 de enero de 2019
Marcha Radeztky pola Paz
Este ano celebraremos o Día da Paz con música clasica, ao ritmo da coñecida Marcha Radeztky de J. Strauss.
Animádevos a intentar acompañala con percusións corporais, levando o ritmo da marcha ao tempo que repetimos un texto alusivo á celebración.
Deixovos un video co que podedes aprender as percusións corporais e o texto que tendes que intentar repetir ao mesmo tempo.
domingo, 14 de enero de 2018
Canción para o Día da Paz "O tren" de Andrés Do Barro
Este curso para celebrar o Día da Paz imos construír o "Tren da Paz" a carón do río Lameira, é nada mellor que unha coñecida canción galega que fala de trens e ríos "O tren" do interpréte Andrés Do Barro.
Partindo desta coñecida, noutro tempo, canción; entre o alumnado de 5º e 6º intentaremos facer unha letra axeitada ao noso río e á celebración da data.
Aquí vos queda a versión orixinal, cantada polo devandito intérprete, que ademais foi banda sonora dunha película dirixida por Mariano Ozores en 1971 e protagonizada tamén polo cantante, titulada "En la red de mi canción".
jueves, 6 de abril de 2017
Concerto "Paxaro amigo. Músicas para a paz"
Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.
jueves, 26 de enero de 2017
Día da Paz. "Sementado a Paz"
Como cada ano o próximo día 30 de xaneiro celebraremos o "Día da Paz", este ano co lema "Sementado a Paz", en alusión ao PDI "Terra adentro" que estamos traballando este ano. Clicando sobre a imaxe teredes acceso a web do centro onde atoparedes a versión da coñecida cantiga de Fuxan os Ventos "Sementar sementarei", que fixo o alumnado de sexto e que cantaremos todos.
Tamén vos deixo a cantiga orixinal do grupo Fuxan os Ventos, do álbum "Sementeira" publicado en 1978.
lunes, 25 de enero de 2016
Día da Paz "Peixiños do mar"
Entre as propostas do EDL para celebrar o Día da Paz está a cantiga "Peixiños do mar" que xa estades a traballar nas vosas clases; polo que na clase de música imos coñecer a versión do cantante brasileiro Milton Nascimento. Fixádevos nos instrumentos de percusión que se utilizan.
martes, 13 de enero de 2015
Día da Paz 2015. "Apertas que voan"
Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!".
martes, 21 de enero de 2014
Día da Paz 2014
Como cada ano o día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. A canción coa que remataremos este ano o acto cantando todos xuntos é "Verdad que sería estupendo", do grupo Cómplices.
miércoles, 16 de enero de 2013
Día da Paz 2013
Nada mellor para celebrar o Día da Paz que a música.
Ademáis da canción "All you need is love", tamén cantaremos a "Rumba das apertas"
Ademáis da canción "All you need is love", tamén cantaremos a "Rumba das apertas"
Se a queredes escoitar e aprender ahí a tendes.
martes, 15 de enero de 2013
Día da Paz 2013
Como cada ano celebraremos o próximo 30 de xaneiro o Día da Paz, dentro das moitas actividades que faremos cantaremos esta coñecida canción "All you need is love" do grupo "The Beatles"
Unha canción histórica, xa que se estreou o 25 de xunio de 1967 en directo diante de 400 millóns de telespectadores de 26 paises distintos; foi a primeira emisión internacional por televisión vía satélite.
Ahí tendes tamén aquela primeira interpretación.
miércoles, 1 de febrero de 2012
martes, 31 de enero de 2012
jueves, 26 de enero de 2012
martes, 24 de enero de 2012
Día da Paz. 30 xaneiro 2012
Atrévete a cantar en portugués aproveitando que é o día da Paz escolar. Non é moi diferente do galego.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




