Mostrando entradas con la etiqueta traballos do alumnado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos do alumnado. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de marzo de 2023

Ritmos reciclados en 4º, 5º e 6º

Seguindo coas actividades de música e reciclaxe, buscámoslle unha utilidade aos vellos CD e DVD. 

Con rotulador permanente escribimos esquemas rítmicos que logo interpretamos de varios xeitos: de catro pulsos, de oito pulsos, seguindo unha determinada orde, percutindo no mesmo disco... os máis atrevidos incluso lle puxeron unha base de rap.



domingo, 12 de junio de 2022

Inventos que cambian a música

Formando parte do PDI "Inventos que cambian o mundo", na clase de música en sexto curso, investigamos sobre os "Inventos que cambian a música". Aquí vos queda unha presentación recopilando todo o traballado.


martes, 19 de abril de 2022

Escoitando coa imaxinación

Escoitamos atentamente esta dúas obras, eleximos unha delas, e inventamos unha historia segundo o que nos suxire a música. 

Que che suxire a música? Non hai límites: Paisaxes, Momentos, Lugares, Personaxes, Situacións, Culturas, Estados de Ánimo, Debuxos, Animais, Natureza, Países, Cores, Oficios, etc.

👂Obra 1: "Danza do Sabre" do ballet "Gayaneh", compositor KHATCHATURIAN. 🎵🎵🎵🎵🎵

 

👂Obra 2: "Danza chinesa" do ballet "O Quebranoces", compositor TCHAIKOVSKY. 🎵🎵🎵🎵🎵

 
 
Adaptación da idea orixinal da profesora de música Mª Jesús Camino Rentería. Moitas grazas.

sábado, 9 de abril de 2022

Instrumentos de Percusión. A pandeireta por Uxía Sanjorge

En quinto curso, estamos coñecendo en profundidade as familias de instrumentos. O pasado xoves contamos ademais coas explicacións de Uxía Sanjorge que é unha experta pandeireteira e que nos explicou por que a pandeireta é un instrumento de percusión e como se toca en Galicia. Incluso nos ofreceu unha pequena mostra. 

Moitas grazas, Uxía! Segue así!👏👏👏🎶🎵🎶

viernes, 8 de abril de 2022

Inventos que cambian a música

No terceiro trimestre investigaremos sobre os inventos que cambiaron e siguen cambiando a música. Como traballo para o PDI "Inventos que cambian o mundo" que estamos desenvolvendo este curso.

Déixovos, varios sitios onde podedes atopar información.

Enlace á páxina de información do Site "Inventos que cambian o mundo" 

Recopilación feita con Genially

viernes, 25 de marzo de 2022

Música con Diego, de 3º Curso

Diego Soage non sempre pode estar con nós nas clases de música, pero eso non impide que poida disfrutar coa música tanto cando asiste a clase, como no seu tempo libre. Así que, quixo compartir con nós estes momentos musicais dos que disfruta no seu tempo de descanso. Podédelo ver, primeiro nunha interpretación libre, e despois coa súa profe de piano.

Bravo Diego👏👏👏 falo moi ben❗❗❗

E os demais que? Gustaríavos tocar algún instrumento? Xa tocades algún? Sei que algún compañeiro máis sí. 

🎼 🎵🎷🎸🎹🎺🎻🎵

Anímovos a que o intentedes, seguro que vos gusta;  e os que xa tocan, pódenme mandar os vídeos, como fixo Diego.

martes, 19 de mayo de 2020

Música dende a casa (42): Ricardo Carvalho Calero a ritmo de Rap

O alumnado de 4ºB compuxo una biografía de Ricardo Carvalho Calero, que logo rapearon cunha base de rap, aínda que o sonido non é moi bo, ben merecen un aplauso estes pequenos rapeiros polo ben que o fixeron. Noraboa!

miércoles, 30 de mayo de 2018

lunes, 2 de junio de 2014

As cancións infantís dos 70 e 80

En 6º curso estivemos aprendendo a crear listas de reproducción buscando a música para ambientar a Exposición "40 Anos de Escola".
Deixamos esta lista de reproducción para que escoitedes as cancións que escoitaban de pequenos os nosos pais e avós; moitas delas xa son clásicos que seguro que coñecedes.