Mostrando entradas con la etiqueta percusión corporal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta percusión corporal. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de abril de 2021

Ritmos con "Jerusalema"

Estivemos facendo na clase ritmos con "Jerusalema", un éxito mundial dunha canción feita en Sudáfrica polo productor africano Master KG e a cantante de novo góspel Nomcebo; cantada en idioma zulú, é un exemplo de que a música vai máis aló das linguas. Deixo o ritmo que estivemos traballando na clase por si quereis seguir bailando en casa.

 

E este outro por se vos atrevedes a probar con algo un pouco máis difícil.

domingo, 7 de febrero de 2021

Percusión corporal con "Dance Monkey"

Como o entroido é un tempo de alegría e baile, imos cambiar de estilo, do clásico ao actual con esta coñecida canción "Dance Monkey" da cantante australiana "Tones and I", que imos a intentar acompañar con esta percusión corporal.

Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

Percusión corporal con "Clap Clap Sound"

Os máis pequenos (1º, 2º, 3º) podemos empezar con algo máis sinxelo, imos a intentar acompañar con percusión corporal o ritmo de "Clap Clap Sound" da banda "The Klaxons".

 Ánimo, non é difícil, só é cuestión de práctica!

lunes, 13 de abril de 2020

Música dende a casa (14): "Bim Bum"

Soraya López profesora de Música e nai de Alonso (de 1º) e Laura (de 5ºB) comparte con todos nós este divertido xogo musical, co que podemos practicar a percusión corporal. Ollo que non é tan sinxelo como parece.
Podédelo facer todos os cursos. Como vos digo sempre implicade aos vosos pais, a ver que tal os sae a todos xuntos.
Se queredes os máis arriscados podedes gravarvos facendoo e enviar un video ao correo mglealgonzalez@gmail.com ou se preferides a sequelonacasa@gmail.com.