Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da Paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2023

Día da Paz 2023. Canción "O Progresso"

Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.

A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".

Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.

Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.

Deíxovos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.

 
 

jueves, 21 de enero de 2021

Día da Paz 2021

Este ano celebraremos o "Día da Paz" o próximo día 29 de xaneiro coas seguintes actividades:

  • Faremos "Viraventos pola Paz", nos que escribiremos as nosas mensaxes de paz.
  • Traballaremos, na semana previa, a letra da canción "Cantarela dos nenos" de Suso Vaamonde, que forma parte do libro "Cantarolas para xente miuda".

Deixamos o vídeo coa canción e a letra:

 
 
"Cantarela dos nenos" 

viernes, 24 de enero de 2020

Día da Paz "Baile da Paz" de Mamá Cabra

Para celebrar o "Día da Paz" este ano realizaremos, en relación co PDI "Chegamos a bo porto" a actividade "Ao noso porto chegou un barco cargado de... " na que debedes completar esta frase, que se vos dará escrita nun barquiño, cos vosos desexos de Paz. Recolleranse todos en murais polos corredores.
Para a celebración conxunta de todo o colexio imos cantar e bailar o "Baile da Paz" de Mamá Cabra. 
Deixovos a coreografía que fixeron o alumnado do CEIP "A Gándara" de Monforte de Lemos, que xa antes tiveron a mesma idea que nós para a celebración desta data; ao que aproveitamos para agradecerlle que se adiantaran aforrándonos así o traballo de crear unha nova.

sábado, 2 de febrero de 2019

Marcha Radetzky pola Paz. Día da Paz 2019

Así celebramos este ano o Día da Paz, a ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.

martes, 15 de enero de 2019

Marcha Radeztky pola Paz

Este ano celebraremos o Día da Paz con música clasica, ao ritmo da coñecida Marcha Radeztky de J. Strauss.
Animádevos a intentar acompañala con percusións corporais, levando o ritmo da marcha ao tempo que repetimos un texto alusivo á celebración.
Deixovos un video co que podedes aprender as percusións corporais e o texto que tendes que intentar repetir ao mesmo tempo.



domingo, 14 de enero de 2018

Canción para o Día da Paz "O tren" de Andrés Do Barro

Este curso para celebrar o Día da Paz imos construír o "Tren da Paz" a carón do río Lameira, é nada mellor que unha coñecida canción galega que fala de trens e ríos "O tren" do interpréte Andrés Do Barro.
Partindo desta coñecida, noutro tempo, canción; entre o alumnado de 5º e 6º  intentaremos facer unha letra axeitada ao noso río e á celebración da data.
Aquí vos queda a versión orixinal, cantada polo devandito intérprete, que ademais foi banda sonora dunha película dirixida por Mariano Ozores en 1971 e protagonizada tamén polo cantante, titulada "En la red de mi canción".