Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de septiembre de 2022

Benvida ao curso 2022-2023

Benvidos un curso máis nenos e nenas, despois de dous anos duros por circunstancias de sobra coñecidas, espero que neste curso podamos retomar a actividade habitual da clase de música; xa na nosa aula: cantando, tocando, bailando e xogando coa música. 

Déixovos como saúdo esta animación creada coa "Danza das horas" do compositor Ponchielli.

domingo, 28 de octubre de 2012

Canta e baila no Samaín

Aquí tendes varios estilos de música para escoitar, cantar e bailar no Samaín (Halloween, para algúns).

 





Para os máis pequenos

Animádevos todos a mover o esqueleto

sábado, 23 de junio de 2012

6º B tamén se suma á homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Os nenos e nenas de 6º B recitaron un poema inédito de Celso Emilio Ferreiro "O atraco", e intentaron recitalo a ritmo de rap.


domingo, 17 de junio de 2012

Seguimos coa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Agora 6º A

O curso 6º A tamén se sumou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na celebración do seu centenario: Recitando un o poema "Cantiga de amigo para Xoán Miró", ilustrandoo cuns debuxos feitos por eles inspirados na obra de Xoán Miró e acompañado do "Minuet" da Sonata nº 6 de Haydn.

miércoles, 6 de junio de 2012

Desde a Biblioteca do colexio: Homenaxe de 5º curso a Celso Emilio Ferreiro

Os nenos e nenas de 5º curso non quixeron ser menos que os seus compañeiros e compañeiras de 4º. Polo que tamén quixeron facerlle a súa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Esta vez desde a Biblioteca do colexio. Co poema "Irmáus" e a coñecida canción de "Fuxan os Ventos" que leva o mesmo título.