Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de enero de 2015

Día da Paz 2015. "Apertas que voan"

Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!".

lunes, 2 de junio de 2014

As cancións infantís dos 70 e 80

En 6º curso estivemos aprendendo a crear listas de reproducción buscando a música para ambientar a Exposición "40 Anos de Escola".
Deixamos esta lista de reproducción para que escoitedes as cancións que escoitaban de pequenos os nosos pais e avós; moitas delas xa son clásicos que seguro que coñecedes.

domingo, 11 de mayo de 2014

"A escola do fondo do mar". 1º B

Formando parte dos traballos do noso proxecto "40 Anos de Escola". Así imaxinaron os nenos e nenas de 1º B como podería ser unha escola no fondo do mar, e así o plasmaron neste comic. Moitas grazas á súa titora por ensaialos tan ben.

martes, 21 de enero de 2014

Día da Paz 2014

Como cada ano o día 30 de xaneiro celebraremos o DÍA DA PAZ. A canción coa que remataremos este ano o acto cantando todos xuntos é "Verdad que sería estupendo", do grupo Cómplices.


domingo, 27 de octubre de 2013

Samaín no Primeiro Ciclo

Así de "monstruosos" deixou "La Brujita Tapita" aos nen@S do Primeiro Ciclo nunha das súas travesuras. A que asustan?





FELIZ SAMAÍN!!!

viernes, 25 de octubre de 2013

Música para o Samaín

Este ano déixovos para o Samaín unha canción dun grupo español de moito éxito polos anos 80 e 90. "No es serio este cementerio" de Mecano.

lunes, 14 de octubre de 2013

Samaín con "La brujita Tapita"

No primeiro ciclo imos traballar o Samaín recordando unha coñecida canción "La brujita Tapita", non da moito medo pero é moi divertida e ao mellor tennos preparada algunha TERRORÍFICA SORPRESAAAA JA, JA JAAAAA!!!


domingo, 13 de octubre de 2013

Homenaxe a Gloria Fuertes. 1º Curso

No Primeiro Curso estivemos cantando e xogando con esta coñecida canción de hai case 40 anos "Un globo, dos globos, tres globos"; época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola".
Este é o noso pequeno homenaxe  a unha importante escritora Gloria Fuertes, autora da letra  da canción.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Benvida con "Un globo, dos globos, tres globos"

Benvidos ao novo curso, este ano é especial porque o colexio cumple 40 Anos; para celebrar unha data tan importante desde a Biblioteca proponse realizar o noso primeiro Proxecto Documental Integrado, titulado "40 Anos de Ecola". Na clase de música queremos aportar o noso granciño de area desde o primeiro momento, polo que imos a empezar no Primeiro Ciclo cantando e xogando con esta coñecida canción de hai case 40 anos "Un globo, dos globos, tres globos" cabeceira dun coñecido programa infantil e coa letra dunha importante escritora Gloria Fuertes, un dos referentes da literatura infantil non só desa época senón do Século XX.
Seguro que os vosos pais e avós a recordan!!!

miércoles, 16 de enero de 2013

Día da Paz 2013

Nada mellor para celebrar o Día da Paz que a música.
Ademáis da canción "All you need is love", tamén cantaremos a "Rumba das apertas" 
Se a queredes escoitar e aprender ahí a tendes.

martes, 15 de enero de 2013

Día da Paz 2013

Como cada ano celebraremos o próximo 30 de xaneiro o Día da Paz, dentro das moitas actividades que faremos cantaremos esta coñecida canción "All you need is love" do grupo "The Beatles"





Unha canción histórica, xa que se estreou o 25 de xunio de 1967 en directo diante de 400 millóns de telespectadores de 26 paises distintos; foi a primeira emisión internacional por televisión vía satélite.
Ahí tendes tamén aquela primeira interpretación.


lunes, 31 de diciembre de 2012

50 anos de "The Beatles"

O 5 de outubro de 1962, o grupo inglés "The Beatles" publicou  o seu primeiro single "Love me do". Cun pouco de retraso ahí vai a nosa pequena homenaxe a esta revolucionaria banda.


domingo, 28 de octubre de 2012

Canta e baila no Samaín

Aquí tendes varios estilos de música para escoitar, cantar e bailar no Samaín (Halloween, para algúns).

 





Para os máis pequenos

Animádevos todos a mover o esqueleto

miércoles, 6 de junio de 2012

Desde a Biblioteca do colexio: Homenaxe de 5º curso a Celso Emilio Ferreiro

Os nenos e nenas de 5º curso non quixeron ser menos que os seus compañeiros e compañeiras de 4º. Polo que tamén quixeron facerlle a súa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Esta vez desde a Biblioteca do colexio. Co poema "Irmáus" e a coñecida canción de "Fuxan os Ventos" que leva o mesmo título. 


martes, 1 de mayo de 2012

...seguimos co maio 2012

E por se fora pouco aínda se atreveron a cantar outra vez, con outro solista.

Cantando o maio 2012

Gustounos tanto esto de facer e cantar as coplas do maio que un grupo de nenos e nenas de 4º, 5º e 6º atrevéronse a cantar para os seus compañeiros.

martes, 24 de enero de 2012

Día da Paz. 30 xaneiro 2012

Atrévete a cantar en portugués aproveitando que é o día da Paz escolar. Non é moi diferente do galego.


A PAZ SÓ TEN UN IDIOMA, FALÉMOLO TODOS.