Mostrando entradas con la etiqueta panxoliñas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta panxoliñas. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2016

Cantar, tocar, bailar en Nadal

Déixovos esta colección de enlaces na que podedes atopar ademais das panxoliñas que estivemos traballando na clase, moitas máis; así como outro tipo de música e cancións propias destas datas; por se queredes tocar, cantar ou bailar no Nadal.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Danza "Jingle Bells"

Xa se achega o Nadal, este ano ademais das acostumadas panxoliñas propoñémosvos bailar ao ritmo desta coñecida canción estadounidense. Sobre a que traballaremos conxuntamente, con diversas actividades, as áreas de Inglés, Educación Física e Música.

  Aproveitamos para dar as gracias á profesora Begoña Rodríguez quen no seu blog "Danzas del Mundo" pon a nosa disposición a coreografía e o audio.

domingo, 15 de diciembre de 2013

Selección de panxoliñas con letra

Aquí vos deixo outra selección de panxoliñas tradicionais, estas en galego e coa letra por se as queredes cantar.


O video é unha lista de reprodución, se clicades na esquina superior esquerda podedes escoller a que queirades.

lunes, 9 de diciembre de 2013

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Panxoliñas e cantos de Nadal

Na clase estivemos cantando panxoliñas e falando dos cantos tradicionais de Nadal. Aquí tendes unha cantiga tradicional que quere ser un trabalinguas. Animádevos a cantala; a ver se sodes capaces de facelo tan rápido como Mini.

                                                      
Para que vos resulte máis fácil déixovos a letra:

Imos lever unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, máis unha galiña,
un añiño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.

Ai!, meu neno,
meu rei, meu meiguiño,
non tes un albergue,
non tes un leitiño.
Sen arrimo, nas pallas estás,
Ai!, meu queridiño, que frío terás.
(BIS)



martes, 13 de diciembre de 2011