Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-2022. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de junio de 2022

Despedimos o curso 2021-2022

Parece que hai pouco que comezamos un novo curso e xa estamos rematando outra vez. Foi un curso duro, ademais dos cambios nos nosos hábitos a causa da pandemia tivemos que soportar ruídos, cambios de aulas, cheiro a pintura, cambios de patios... debido as obras da reforma do colexio (que por certo está quedando ben bonito, parece outro!!!).

Pois ben, ímonos despedir bailando e con alegría. Non sen antes aproveitar para darvos a noraboa polo ben que o fixestes un ano máis.

Noraboa rapaces! 

E agora todos a bailar! 

martes, 19 de abril de 2022

Escoitando coa imaxinación

Escoitamos atentamente esta dúas obras, eleximos unha delas, e inventamos unha historia segundo o que nos suxire a música. 

Que che suxire a música? Non hai límites: Paisaxes, Momentos, Lugares, Personaxes, Situacións, Culturas, Estados de Ánimo, Debuxos, Animais, Natureza, Países, Cores, Oficios, etc.

👂Obra 1: "Danza do Sabre" do ballet "Gayaneh", compositor KHATCHATURIAN. 🎵🎵🎵🎵🎵

 

👂Obra 2: "Danza chinesa" do ballet "O Quebranoces", compositor TCHAIKOVSKY. 🎵🎵🎵🎵🎵

 
 
Adaptación da idea orixinal da profesora de música Mª Jesús Camino Rentería. Moitas grazas.

sábado, 9 de abril de 2022

Instrumentos de Percusión. A pandeireta por Uxía Sanjorge

En quinto curso, estamos coñecendo en profundidade as familias de instrumentos. O pasado xoves contamos ademais coas explicacións de Uxía Sanjorge que é unha experta pandeireteira e que nos explicou por que a pandeireta é un instrumento de percusión e como se toca en Galicia. Incluso nos ofreceu unha pequena mostra. 

Moitas grazas, Uxía! Segue así!👏👏👏🎶🎵🎶

sábado, 2 de abril de 2022

Obradoiros de "Ecopercussión" e "Novas Tecnoloxías na Música"

O pasado día trinta o alumnado de 5º e 6º participou en dous obradoiros musicais dirixidos polo profesor Didier Díaz. "Ecopercussión" para 5º, e "Novas Tecnoloxías na Música" para 6º.

Neste vídeo tendes unha pequena mostra de como se desenvolveron.  

viernes, 25 de marzo de 2022

Música con Diego, de 3º Curso

Diego Soage non sempre pode estar con nós nas clases de música, pero eso non impide que poida disfrutar coa música tanto cando asiste a clase, como no seu tempo libre. Así que, quixo compartir con nós estes momentos musicais dos que disfruta no seu tempo de descanso. Podédelo ver, primeiro nunha interpretación libre, e despois coa súa profe de piano.

Bravo Diego👏👏👏 falo moi ben❗❗❗

E os demais que? Gustaríavos tocar algún instrumento? Xa tocades algún? Sei que algún compañeiro máis sí. 

🎼 🎵🎷🎸🎹🎺🎻🎵

Anímovos a que o intentedes, seguro que vos gusta;  e os que xa tocan, pódenme mandar os vídeos, como fixo Diego.

lunes, 7 de marzo de 2022

"Terra", Tanxugueiras. Acompañamento rítmico

Aínda que Tanxugueiras, coa súa canción "Terra",  non nos van representar no Festival de Eurovisión, si que conseguiron que a nosa música se escoite en toda España e tamén máis alá das nosas fronteiras, porque como ben di a letra da canción "Non hai fronteiras", e menos para a música.

Nós imos intentar acompañala con esta percusión para baquetas creada pola profesora de música Nerea Seijoso Rey, a quen temos que agradecer que cree estes acompañamentos tan divertidos.

 
Os máis pequenos imos intentar facelo con esta percusión corporal creada por Ricardo Imedio.

sábado, 19 de febrero de 2022

Os máis pequenos, de 1º e 2º, imos a pasalo ben neste entroido adiviñando disfraces e bailando coa canción do grupo Pingallos "Quen pode ser?".

lunes, 6 de diciembre de 2021

Xa chegou o Nadal 2021

Parece que empezamos onte e a pesar de todas as dificultades deste curso xa temos aquí o Nadal, así que imos aló con música propia destas datas. 

Xa que non podemos cantar pois a tocar!!!

Xa chegou o Nadal: "Probemos a tocar as culleres "

Para os que queiran practicar cun instrumento que temos todos nas nosas casas: as culleres, aquí vos deixo un vídeo explicativo de como tocalas e outra melodía típica navideña "Sleigh ride" ("Paseo en trineo") do compositor Leroy Anderson, para que intentedes acompañala con culleres.

 
E se aínda queredes máis, pois imos a entrar en calor, percusión corporal utilizando todas as partes do corpo que fan sonido. As ventás aínda teñen que estar abertas, pero nós imos entrar en calor!!!
 

lunes, 1 de noviembre de 2021

Ritmo con "Moita Festa" interpretada por Carlos Nuñez"

Despois do ritmo do Samaín, imos seguir ao ritmo da música galega, con esta peza de Carlos Núñez "Moita festa" e o acompañamento rítmico para a mesma,  creado pola mestra de música Nerea Seijoso Rey. 

Esta melodía foi composta en 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo (Lugo). Foi interpretada no Nadal dentro da catedral, única época do ano na que permitían xuntar instrumentos populares cos da orquestra.

sábado, 16 de octubre de 2021

Samaín 2021

Xa está outra vez aquí o Samaín e como o curso pasado imos traballar unha selección de varias audicións musicais acompañadas con ritmos, esta selección está feita pola profesora de música Nerea Seijoso. 

E aínda imos engadir algunhas novidades máis, para que sexa un Samaín de medo!!!

 
 
Agora imos, nunca mellor dito, "a mover un pouco o esqueleto", con esta selección de cancións:
 
 
 
E aínda hai máis:

miércoles, 8 de septiembre de 2021

Benvida ao curso 2021-2022

Como cada novo curso imos iniciar este cun vídeo que nos transmita bos desexos e boas vibracións, este é moi coñecido titúlase "Music Land", seguro que recordades velo xa algunha vez na clase de música, e moi antigo pero moi axeitado para empezar un curso cheo de "Armonía".

Ánimo rapaces, todos xuntos, como no vídeo, podemos conseguir cousas incribles.