Mostrando entradas con la etiqueta bandas sonoras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bandas sonoras. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de septiembre de 2020

Benvida ao curso 2020-2021

Ola rapaces! Xa outra vez aquí, e como cada novo curso quérovos dar a benvida cunha canción. Esta vez coa canción "Get back up again" ("Levantareime") da banda sonora da película de animación "Trolls" interpretada por Anna Kendrick, que nos deixa unha mensaxe cargada de positividade para empezar con forza o novo curso, que como para Poppy tamén se nos presenta cheo de obstáculos. Ánimo todos xuntos, con sentidiño e cumprindo as normas ímolos superar!

martes, 24 de marzo de 2020

"A vida é bela" versión con letra

Seguindo co noso apartado de cultura musical
En españa fíxose moi popular a versión con letra que fixeron a cantante israelí Noa e Miguel Bosé, déixovos esta versión con letra por se (4º, 5º e 6º) queredes intentar cantala. 
Podedes preguntarlle aos vosos pais ou avós se a coñecen.

domingo, 14 de junio de 2015

43 debuxos animados para unha orquestra sinfónica

Como despedida de curso déixovos este enganchado de cancións de debuxos animados que armou unha orquestra do Carnegie Hall. Corresponden a 43 series. A ver cantas identificades?
Bo verán a todos e repoñede forzas para o curso que ven!!!