Ademáis de cantar e tocar tamén e unha boa ocasión para bailar.
Imos intentalo con esta selección de cancións de Nadal. Algunhas son moi faciliñas e outra un pouco máis complicadas, pero iso non é impedimento para intentalo e pasalo ben.
En segundo estivemos repasando as figuras rítmicas que nos quedaran un pouco olvidadas do curso pasado, e en primeiro estamos empezando a coñecelas. Así que imos a practicar ritmos con música de Nadal.
En terceiro e cuarto estivemos repasando ritmos que xa coñeciamos de cursos pasados e aprendendo outros un pouco máis difíciles , así que imos acompañar estas melodías navideñas con eles.
Se vos animades podedes tamén intentar as propostas feitas para 5º e 6º.
Recordades que estivemos probado a aplicación online "Xylo", coa que podiamos converter o noso portátil, tablet, teléfono nun xilófono? Pois imos probar outra vez a acompañar estas tres melodías navideñas cos nosos xilófonos.
Se queredes probar máis visitade a páxina BOOMY TUNES
Para os que queiran practicar cun instrumento que temos todos nas nosas casas: as culleres, aquí vos deixo un vídeo explicativo de como tocalas e outra melodía típica navideña "Sleigh ride" ("Paseo en trineo") do compositor Leroy Anderson, para que intentedes acompañala con culleres.
E se aínda queredes máis, pois imos a entrar en calor, percusión corporal utilizando todas as partes do corpo que fan sonido. As ventás aínda teñen que estar abertas, pero nós imos entrar en calor!!!
Déixovos esta colección de enlaces na que podedes atopar ademais das panxoliñas que estivemos traballando na clase, moitas máis; así como outro tipo de música e cancións propias destas datas; por se queredes tocar, cantar ou bailar no Nadal.
Déixovos este recopilatorio de enlaces tic para traballar "O Nadal" realizado polo blog "La Eduteca" do compañeiro Óscar Alonso. Nel podedes atopar xogos de vocabulario, enlaces para repasar inglés, contos, panxoliñas, xeradores de tarxetas de Nadal, webs interactivas para interactuar cos Reis Magos e Papá Noel... Clicade na foto e probade xa verdes que ben o pasades.
Aínda que todos os cursos traballamos na clase a danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi", formando parte dunha tarefa interdiscisplinar na que interviron as áreas de Inglés, Educación Física e Música; tocóulles aos nenos e nenas de cuarto curso representala no Festival de Nadal, quedando así de animada e provocando o entusiasmo do público.
Este Nadal estivemos traballando unha danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi"; á que fixemos varios cambios para que a puideran bailar todos os cursos. Aquí déixovos unha mostra do ben que o pasamos bailando.
Xa se achega o Nadal, este ano ademais das acostumadas panxoliñas propoñémosvos bailar ao ritmo desta coñecida canción estadounidense. Sobre a que traballaremos conxuntamente, con diversas actividades, as áreas de Inglés, Educación Física e Música.
Aproveitamos para dar as gracias á profesora Begoña Rodríguez quen no seu blog "Danzas del Mundo" pon a nosa disposición a coreografía e o audio.
Na clase de música estivemos falando estes días das panxoliñas populares. Aquí vos deixo unha pequena selección por se queredes aprender algunhas máis.
Na clase estivemos cantando panxoliñas e falando dos cantos tradicionais de Nadal. Aquí tendes unha cantiga tradicional que quere ser un trabalinguas. Animádevos a cantala; a ver se sodes capaces de facelo tan rápido como Mini.
Para que vos resulte máis fácil déixovos a letra:
Imos lever unha pouca roupiña tres polas, dous galos, máis unha galiña, un añiño, dúas pombas sen pel, tres rulas ao xeito e un tarro de mel.
Ai!, meu neno, meu rei, meu meiguiño, non tes un albergue, non tes un leitiño. Sen arrimo, nas pallas estás, Ai!, meu queridiño, que frío terás. (BIS)