Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de mayo de 2014

Homenaxe á máquina de escribir. 4º Curso

Acompañamos a composición "A máquina de escribir" de Leroy Anderson dunha improvisada máquina de escribir de cartón.
A nosa pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso pero moi utilizada hai 40 anos a época na que situamos o noso Proxecto "40 Anos de Escola". Seguro que nas secretarías había algunha e era común escoitar o seu son.

viernes, 16 de mayo de 2014

Audición: Prelude "Te Deum"

En 5º curso estivemos traballando a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier. Despois propuxemos como traballo para o Proxecto "40 Anos de Escola"  preguntar aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Por suposto a gran maioría identificáronna como o "Himno de Eurovisión".
Aquí vos deixo un video no que ademais de escoitar a composición podemos ver os coñecido símbolo que aparecía en TVE e a súa evolución ao longo do tempo.




Déixovos  tamén varios enlaces por se queredes saber algo máis da vida e composicións de M. A. Charpentier:
Enlace a Wikipedia

miércoles, 14 de mayo de 2014

Audición: "A máquina de escribir"

Os de 4º curso estivemos escoitando unha curiosa peza "A máquina de escribir", do compositor estadounidense Leroy Anderson. Falamos de como a Anderson se lle ocurrira incorporar unha máquina de escribir á interpretación da orquestra. Aquí tendes unha mostra de como o fixo.

Ademais aproveitamos para rendirlle unha pequena homenaxe a ese útil instrumento hoxe case en desuso. Unha das actividades coas que desde a clase de música participamos no Proxecto "40 Anos de Escola" que se está a desenvolver este curso no noso centro.




Se queredes saber máis sobre L. Anderson podedes visitar esta