Mostrando entradas con la etiqueta danza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta danza. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de enero de 2016

Danza Festival Nadal 2015

Aínda que todos os cursos traballamos na clase a danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi", formando parte dunha tarefa interdiscisplinar na que interviron as áreas de Inglés, Educación  Física e Música; tocóulles aos nenos e nenas de cuarto curso representala no Festival de Nadal, quedando así de animada e provocando o entusiasmo do público.

lunes, 28 de diciembre de 2015

Danza de Nadal "Ku Tschi Tschi"

Este Nadal estivemos traballando unha danza tradicional xermana "Ku Tschi Tschi"; á que fixemos varios cambios para que a puideran bailar todos os cursos. Aquí déixovos unha mostra do ben que o pasamos bailando.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Danza "Jingle Bells"

Xa se achega o Nadal, este ano ademais das acostumadas panxoliñas propoñémosvos bailar ao ritmo desta coñecida canción estadounidense. Sobre a que traballaremos conxuntamente, con diversas actividades, as áreas de Inglés, Educación Física e Música.

  Aproveitamos para dar as gracias á profesora Begoña Rodríguez quen no seu blog "Danzas del Mundo" pon a nosa disposición a coreografía e o audio.

jueves, 29 de mayo de 2014

Homenaxe ó Himno de Eurovisión. 5º Curso

Acompañamos a famosa composición Prelude "Te Deum" de Marc Antoine Charpentier dunha coreografía creada por Jos Wuytack.  
O noso homenaxe a esta composición máis coñecida como o "Himno de Eurovisión", despois de propoñer que preguntasen aos pais, avós e familiares maiores se a coñecían e cando se escoitaba. Sen dúbida un dos signos de identidade de hai 40 anos época na que situanos o noso  Proxecto "40 Anos de Escola".