Mostrando entradas con la etiqueta cantigas galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cantigas galegas. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de enero de 2017

Día da Paz. "Sementado a Paz"

Como cada ano o próximo día 30 de xaneiro celebraremos o "Día da Paz", este ano co lema "Sementado a Paz", en alusión ao PDI "Terra adentro" que estamos traballando este ano. Clicando sobre a imaxe teredes acceso a web do centro onde atoparedes a versión da coñecida cantiga  de Fuxan os Ventos "Sementar sementarei", que fixo o alumnado de sexto e que cantaremos todos. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/991

Tamén vos deixo a cantiga orixinal do grupo Fuxan os Ventos, do álbum "Sementeira" publicado en 1978.

lunes, 7 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O próximo venres día 11, San Martiño, celebraremos o magosto. Mentras agardamos o momento de comer as castañas pasaremos un bo rato participando nos xogos que nos teñen preparados as profes de Educación Física e cantando e bailando ao ritmo desta cantiga popular que nos propón o EDL.
Aquí deixamos a letra, que como podedes comprobar é moi doada de aprender e un enlace á música para que cantedes con ela.
Aproveitamos para dar as gracias ao CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, e a súa profesora de música: Marta Pérez Lage por compartir esta cantiga e facilitarnos o traballo de buscar a música.

jueves, 19 de junio de 2014

"Pola unha media lúa" 2º B

Despedimos o curso co alumnado de 2º B con esta coñecida cantiga "Pola unha media lúa" con letra de Ana Mª Fernández e música de Manuel Rico Verea; para a que Martina e Saioa inventaron este acompañamento rítmico.