lunes, 30 de septiembre de 2013

Benvida con "Un globo, dos globos, tres globos"

Benvidos ao novo curso, este ano é especial porque o colexio cumple 40 Anos; para celebrar unha data tan importante desde a Biblioteca proponse realizar o noso primeiro Proxecto Documental Integrado, titulado "40 Anos de Ecola". Na clase de música queremos aportar o noso granciño de area desde o primeiro momento, polo que imos a empezar no Primeiro Ciclo cantando e xogando con esta coñecida canción de hai case 40 anos "Un globo, dos globos, tres globos" cabeceira dun coñecido programa infantil e coa letra dunha importante escritora Gloria Fuertes, un dos referentes da literatura infantil non só desa época senón do Século XX.
Seguro que os vosos pais e avós a recordan!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario