O alumnado de 1º e 2º cursos asistimos o pasado día 4 a un espectáculo de música e teatro en Afundación.
Este
montaxe de Magín Blanco "A nena e o grilo máis aló", conta, a través da
amizade, a cooperación, a tolerancia e a superación dos medos, unha
historia na que os protagonistas pisan sen querer á súa amiga Xertrude, a
Araña... Buscando o modo de devolvela á vida, atópanse cuns artistas
ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao "País do
Mortos". Alí intentarán encontrar a Xertrude para traela de volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario