Tivemos a sorte do que o profe José Antonio pudo contactar con Luís Prego.
Luís Prego leva moito tempo a ensinar
baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis
tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle
ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís
escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de
baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD
destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de
todo isto é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa
traxectoria ás súas costas.
Luis é, como vedes, un bo coñecedor da
nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida
canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos
a participar cos vosos comentarios ou a través do formulario de contacto! (non esquezades asinalo co voso
nome).
No hay comentarios:
Publicar un comentario