Hola nenos e nenas, como xa sabedes, as circunstancias excepcionais de pandemia declarada pola OMS obrígannos a quedar na casa, así que desde ahora esta será a nos forma de manter o contacto.
Non vai ser fácil polas características de materia, pero anímovos a que de vez en cando pasedes por aquí, polo blog da nosa clase de música "Descubrindo a Música"; onde atoparedes propostas que nos permitan seguir en contacto a través desta linguaxe universal que é música.
Unhas veces serán propostas comúns para todos os cursos, outras especificarei o máis axeitado a cada curso, ou incluso para que fagades participes aos vosos pais, tamén aproveitaremos para dedicarnos un pouco máis á "cultura musical", xa iremos vendo.
En todo caso a miña intención é que cando visitedes o blog pasedes un rato divertido dentro dunha situación que de por si xa é difícil.
Lembrade que na parte dereita do blog hai un formulario de contacto para que me fagades chegar as vosas dúbidas e suxerencias, intentarei contestar o máis pronto posible.
Se preferides tamén podedes contactar conmigo no correo mglealgonzalez@gmail.com.
Lembrade tamén que nesa parte dereita hai xogos que vos sirven para repasar e non esquecer o que levamos traballado.
Se preferides tamén podedes contactar conmigo no correo mglealgonzalez@gmail.com.
Lembrade tamén que nesa parte dereita hai xogos que vos sirven para repasar e non esquecer o que levamos traballado.
Un saudiño a todos e moito ánimo!!! Espérovos aquí!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario