viernes, 8 de mayo de 2020

Descrición da tarefa

Curioseade no mural, os diferentes elementos interactivos iranvos proporcionando información. 
Por exemplo: Os botóns grises son para información sobre o compositor en forma de vídeos, os botóns vermellos ademais de información danvos acceso a vídeos con obras de Beethoven que podedes escoitar, os botóns azuis son videos con actividades que podedes facer seguindo as indicacións.
  • Todos os cursos podedes ver e escoitar os videos.
  • 1º e 2º podedes facer as actividades propostas nos botóns azuis.
  •  3º e 4º podedes facer as actividades propostas nos botóns azuís; e se queredes mandarme un pequeno texto dicindo cal das obras de Beethoven que escoitastes vos gustou máis e porque. Tamén podedes intentar contestar o cuestionario.
  • 5º e 6º , podedes facer o mesmo que 3º e 4º. Para vós o cuestionario debería ser fácil de cubrir.
O cuestionario cóbrese alí mesmo. Para calquera cousa que me mandedes  recórdovos o correo: mglealgonzalez@edu.xunta.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario