viernes, 26 de marzo de 2021

Taller de Ecopercusión; 16 e 17 de marzo

Xa que este ano non podemos ter a clase de música na nosa aula, e as clases de música son xeito moi distinto a anos anteriores; os días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 5º e 6º participou nun taller de ecopercusión (percusión con materiais de reciclaxe), ao aire libre e con todas as medidas de seguridade a cargo do profesor de percusión Didier Díaz. 

Parece ser que fixeron un pouco de ruído, pero despois dos primeiros compases de ensaio soaban estupendamente e foron a envexa de todo o colexio.

Aquí vos queda unha pequena mostra de como se desenvolveu a actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario